Cocteau Twins
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Cocteau Twins | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | Grangemouth, Escocia |
| Período | 1979 - 1997 |
| Xénero(s) | post-punk, dream pop, rock gótico, ethereal wave, shoegazing |
| Selo(s) discográfico(s) | 4AD, Capitol, Fontana, Bella Union |
| Membros | Elizabeth Fraser Robin Guthrie Simon Raymonde Will Heggie |
| Antigos membros | |
| Web oficial | http://www.cocteautwins.com/ |
Cocteau Twins foi unha banda escocesa de rock alternativo activa entre os anos 1979 e 1997. Os seus membros orixinais foron Elizabeth Fraser (voces), Robin Guthrie (guitarra, caixa de ritmos) e Will Heggie (baixo), que foi reemprazado por Simon Raymonde ao principio da carreira da banda.
Aínda que se formou na época do [post-punk]] e o New Wave, Cocteau Twins é unha banda difícil de clasificar, e a súa música é de vital importancia no dream pop. Se ben toda a banda obtivo eloxios da crítica, a distintiva voz de Elizabeth Fraser recibiu a meirande parte da atención.
[editar] Discografía
- Garlands - 1982 (4AD)
- Head over Heels - 1983 (4AD)
- Treasure - 1984 (4AD)
- Victorialand - 1986 (4AD)
- The Moon and the Melodies - 1986 (4AD)
- Blue Bell Knoll - 1988 (4AD))
- Heaven or Las Vegas - 1990 (4AD))
- Four-Calendar Café - 1993 (Fontana)
- Milk and Kisses - 1996 (Fontana)