A raíña de África
| A raíña de África | |
|---|---|
| Título orixinal | The African Queen |
| Ficha técnica | |
| Director | John Huston |
| Produtor | Sam Spiegel John Woolf |
| Guión | James Agee John Huston |
| Baseado en | {{{baseado}}} |
| Intérpretes | Humphrey Bogart Katherine Hepburn Robert Morley Peter Bull Theodore Bikel Walter Gotell |
| Música | Allan Gray |
| Fotografía | Jack Cardiff |
| Montaxe | Ralph Kemplen |
| Estudio | {{{estudio}}} |
| Distribuidor | United Artists (US) Independent Film Distributors (RU) |
| Ano | |
| Duración | 105 minutos |
| País | |
| Xénero | Aventuras |
| Orzamento | |
| Filme anterior | |
| Filme seguinte | |
| Ficha en IMDb | |
A raíña de África (na versión orixinal The African Queen) é unha película dirixida por John Huston no ano 1952. Está baseada na novela do mesmo título de C. S. Forester. Gañou un Oscar ao mellor actor principal (Humphrey Bogart), e obtivo outros tres nomeamentos, ao mellor director, á mellor actriz principal (Katharine Hepburn), e ao mellor guión. Estreouse en galego na TVG o 23 de decembro de 2007.[1]
Índice |
Argumento [editar]
A Primeira Guerra Mundial comezou e en África Oriental Charlie Allnut (Humphrey Bogart) dedícase a transportar mercancías río arriba e río abaixo coa súa vella embarcación, chamada The African Queen. Nunha das aldeas que visita regularmente morreu o sacerdote, e Charlie acepta levar na súa barca á irmá do falecido reverendo, Rose (Katherine Hepburn), para devolvela á civilización. Durante a viaxe polo río xorde entre Charlie e Rose unha crecente simpatía. Con todo, cando finalmente chegan a un gran lago achégaselles un barco de guerra alemán.
Personaxes [editar]
- Humphrey Bogart como Charlie Allnut
- Katharine Hepburn como Rose Sayer
- Robert Morley como Rev. Samuel Sayer
- Peter Bull como Capitán da Louisa
- Theodore Bikel como Primeiro oficial
- Walter Gotell como Segundo oficial
- Peter Swanwick como Primeiro oficial do Shona
- Richard Marner como Segundo oficial de Shona
Curiosidades [editar]
Katharine Hepburn era unha fanática da hixiene e da limpeza, ao decatarse de que tiña que ir a África, durante a rodaxe fixo revisar a todos os membros do equipo os seus cabelos en busca de piollos, polo que Humphrey Bogart e John Huston aproveitaban para gastarlle multitude de bromas.
O escritor da novela, Peter Viertel, foi enviado polo produtor para estabilizar a Huston, pero como non puido e pensou que a rodaxe ía ser un desastre, renunciou a que aparecese o seu nome nos créditos.
John Huston rodou esta película en África porque tiña ganas de cazar un elefante, historia que aproveitou Clint Eastwood para rodar White Hunter, Black Hunter.
Aínda que as samesugas que cobren o torso de Bogart nunha das escenas eran falsas, John Huston fíxolle crer que, debido a un erro do encargado de efectos especiais, algunhas podían ser auténticas. Bogart, arrepiado, rodou a secuencia o máis rápido que puido con xesto de xenuína repugnancia, cousa que aproveitou Huston para dotar de realismo á escena.
Durante a rodaxe no Congo, a calor era tan sufocante que os técnicos tiñan que enterrar as latas coa película filmada en fosas subterráneas para evitar que o sol e a humidade as destruísen.
Cando John Huston chamou a Humphrey Bogart para ofrecerlle o papel, este comentoulle á súa esposa Lauren Bacall: "O Monstro quere que vaia rodar en plena selva africana, con corenta graos á sombra, nunha aldea infestada de mosquitos e rodeada de animais salvaxes. Naturalmente, aceptei..." Bogart alcumaba ao seu amigo de esmorgas John Huston "o Monstro", xa que segundo dicía, o gran director era "a única persoa que coñezo capaz de beber máis whisky que eu nunha soa tarde..."
Durante a rodaxe case todos os membros do equipo enfermaron de malaria e disentería, excepto Humphrey Bogart e John Huston, xa que non probaban a auga, só bebían whisky, mesmo cando se lavaban os dentes cada mañá e cada noite, enxaugábanos con whisky. Foron os únicos que non colleron a enfermidade.
Notas [editar]
- ↑ "A raíña de África na TVG". DiarioSiglo XXI. 23 de decembro de 2007. http://www.diariosigloxxi.com/texto-ep/mostrar/20071221200126. Consultado o 4 de marzo de 2013.