Tex Avery

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Corto dirixido por Avery.

Frederick Bean "Fred/Tex" Avery, nado en Taylor (Texas) o 26 de febreiro de 1908 e finado en Burbank (California) o 26 de agosto de 1980, foi animador e director de debuxos animados na época de ouro de Hollywood. Creador dos famosos personaxes Bugs Bunny e o pato Lucas (Daffy Duck) na Warner Bros (no edificio Termite Terrace) e logo doutros como o lobo e Droopy para a Metro-Goldwyn-Mayer.

"In a cartoon you can do anything." - Tex Avery.
(nun debuxo animado podes facer o que sexa)

Estilo[editar | editar a fonte]

O estilo único de Avery rompía co realismo establecido por Walt Disney. Foi unha influencia para varios estudos, como a Warner, onde se empezaron a saír do molde e realizaron as máis delirantes situacións nun debuxo animado (ás veces parodiando a Disney).

O seu personaxe Rede Hot Riding Hood naceu como unha parodia á carapuchiña vermella de Disney. É unha alporizada e sexy moza. A diferenza da Brancaneves de Disney non foi rotoscopiada, senón que os seus sensuais movementos foron completamente animados a man.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]