Atol Suwarrow

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Suvorov")
Suwarrow
Atol
Datos
País Illas Cook
Illa principal Anchorage
Linguas
Poboación (2009) Deshabitado
Superficie 0´4 km²
Superficie lagoa km²
Nº de illas >20
Coordenadas 13°25′05″S 163°07′27″W / 13.41806°S 163.12417°W / -13.41806; -163.12417
Maior Altura
Localización
Localización do atol

Suwarrow (ou tamén Suvorov ou Suvarov) é un atol das illas Cook setentrionais. Está situado a 825 km ao noroeste de Rarotonga. As súas coordenadas son: 13º 15' S 163º 5' O.

O atol consiste en 22 illotes sobre un escollo de coral. O máis grande, que foi habitado intermitentemente, é Anchorage Island. A superficie total é de 0,4 km².

Non existe un asentamento tradicional polinesio e estaba deshabitado cando foi descuberto, en 1814, polo ruso Mikhail Lazarev no barco Suvorov, que traía o nome do xeneral ruso Alexander Vasilyevich Sovorov, denominado Suwarrow no poema épico Don Juan de Lord Byron. No século XIX atopáronse uns misteriosos tesouros, probablemente dalgún galeón español perdido no Pacífico.

En 1978 foi declarado parque nacional, o único nas illas Cook. É un lugar destacado polas aves mariñas e polos caranguexos de coco (birgus latro). Actualmente só hai un habitante, o gardián do parque nacional.