Sukhumi
Coordenadas: 43°00′N 41°01′E / 43°N 41.017°E
| Sukhumi | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | |
| ': | |
| Xeografía | |
| Altitude: | 5-140 msnm |
| Superficie: | 372 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 43.716 (2003) |
| Densidade de poboación: | |
| Xentilicio: | |
| Información | |
| Código postal: | +995 44хххххх |
| Alcalde: | Alias Labakhua |
| Sitio na web: | Páxina oficial |
Sukhumi ou Sukhum (სოხუმი, Sokhumi en xeorxiano, Аҟəа, Aqua en abkhazo, Сухум(и), Sukhum(i) en Ruso) é a capital e principal cidade de Abkhazia, estado De facto independente, recoñecido por Rusia e reclamado como República Autónoma pertencente a Xeorxia. Segundo o censo de (1989), tiña unha poboación de 121.406 habitantes, pero tras a Guerra de Abkhasia, a súa poboación reduciuse notablemente quedando en 43.716 en 2003 segundo o último censo.[1]
Índice |
Descrición [editar]
Está localizada nunha ampla baía do Mar Negro ao oeste de Xeorxia e serve como porto, estación ferroviaria e un lugar de descanso. É coñecida polas súas praias, sanatorios, spas de auga mineral e clima semitropical. Posúe un importante aeroporto, o Aeroporto Sukhumi Dranda. Contén unha gran cantidade de hoteis. Posúe xardíns botánicos históricos, establecidos en 1840. Ata 1992 era unha cidade multicultural, onde se falaban nove linguas diferentes. Na actualidade, a cidade está composta por un 56% de abkhazos, un 17% de rusos e un 13% de armenios, segundo o censo de 2003.[1]
Notas [editar]
- ↑ 1,0 1,1 Resultados do censo 2003 (en Ruso)