Stretched Rohini Satellite Series

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Diagrama de SROSS C.

Stretched Rohini Satellite Series ou SROSS é o nome dunha serie de satélites indios sucesores dos Rohini adicados principalmente á observación de raios gamma.[1]

SROSS A[editar | editar a fonte]

SROSS A foi o primeiro da serie e estaba deseñado para medir o desempeño do seu foguete lanzador no primeiro voo (un ASLV). Era un satélite estabilizado nos tres eixos e alimentado por paneis solares con instrumentación para monitorizar o lanzamento, cun detector de raios gamma e dous retrorreflectores láser, pero non chegou a órbita por un fallo no lanzamento.[2][1]

SROSS B[editar | editar a fonte]

SROSS B foi o segundo satélite da serie e estaba enfocado na astronomía de raios gamma. Estaba estabilizado nos tres eixos mediante volantes de inercia e torques magnéticos, así como cun sistema de propulsión mediante hidracina. Estaba alimentado por paneis solares e a bordo levaba o instrumento alemá MEOSS (Monocular Electro Optical Stereo Scanner) e o indio GRB (Gamma-ray Burst Experiment). O satélite non chegou a órbita por problemas no vehículo lanzador, un ASLV.[3][1]

SROSS C e C2[editar | editar a fonte]

SROSS B foron o terceiro e cuarto satélites da serie SROSS e tamén os últimos. Eran similares, tiñan unha masa duns 106 kg e tiñan forma de cilindro estabilizado mediante xiro. Usaba un sistema de propulsión mediante hidracina e levaban un detector para raios gamma de entre 20 e 3000 keV e un analizador de potenciais retardados. SROSS C foi enviado a unha órbita máis baixa do previsto por un fallo no lanzamento, durando só 55 días en órbita, e SROSS C2 foi lanzado sen problemas, operando durante catro anos. Ambos engalaron a bordo de foguetes ASLV.[4][1]

Historial de lanzamentos[editar | editar a fonte]

Misión[1][2][3][4] Data de lanzamento[1][2][3][4] Foguete lanzador[1][2][3][4] Notas[1][2][3][4]
SROSS A 24 de marzo de 1987 ASLV Fallo
SROSS B 13 de xullo de 1988 ASLV Fallo
SROSS C 20 de maio de 1992 ASLV Fallo parcial
SROSS C2 4 de maio de 1994 ASLV Éxito

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 Mark Wade (2024). "SROSS" (en inglés). Consultado o 12 de marzo de 2024. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "SROSS A" (en inglés). Consultado o 12 de marzo de 2024. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "SROSS B" (en inglés). Consultado o 12 de marzo de 2024. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "SROSS C, C2" (en inglés). Consultado o 12 de marzo de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]