Asaph Hall

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAsaph Hall

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de outubro de 1829 Editar o valor em Wikidata
Goshen (Connecticut), Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte22 de novembro de 1907 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Annapolis, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaGoshen (Connecticut) (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónNew-York Central College, McGrawville (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoAstronomía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónastrónomo , matemático , carpinteiro Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Harvard
Old Naval Observatory (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAngeline Stickney (1856–1892)
FillosPercival Hall (pt) Traducir, Asaph Hall Jr. (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiAsaph Hall II (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Hall-17927 Find a Grave: 45063827 Editar o valor em Wikidata
Pintura de Asaph Hall

Asaph Hall, nado en Goshen, Connecticut, o 15 de outubro de 1829 e finado en Maryland o 22 de novembro de 1907, foi un astrónomo estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tivo unha escasa formación académica, xa que á morte de seu pai tivo que traballar como carpinteiro para axudar a súa nai, e foi un autodidacta, aprendendo pola súa propia conta. En 1857 entrou a traballar como axudante do astrónomo William Cranch Bond no Observatorio de Harvard (Harvard College Observatory): posuía un soldo de doce dólares mensuais.

No 1856 casou coa matemática Angeline Stickney (1830-1892), que o axudaba no seu traballo.

Logo de efectuar numerosas observacións, aprender técnicas astronómicas e mellorar os seus coñecemento, en 1863 foi nomeado director do Observatorio Naval de Washington (USNO), onde descubriu as dúas satélites de Marte en agosto de 1877, Deimos e Fobos, co grande refractor de 66 cm de dito observatorio, obra do óptico compatriota Alvan Clark. Antes descubrira o período de rotación de Saturno. No 1895 ocuparía o posto de profesor de astronomía na Universidade Harvard.

Un dos maiores cráteres de Fobos chámase Hall, na honra deste astronómo; Stickney, nomeado así pola súa dona, é o maior e máis profundo da lúa.

Tivo catro fillos: Asaph Jr., Samuel, Angel e Percival; só o primeiro (Asaph Hall Jr.) se faría astrónomo, realizando numerosos traballos sobre o tema.

Publicacións[editar | editar a fonte]

  • Nebulae in the Pleiades, (1886), Astronomische Nachrichten, volume 114, p. 167.
  • Observations on Mars, (1888), Astronomical Journal, vol. 8, iss. 181, p. 98-98.
  • Observations of Mars, 1892, (1893), Astronomical Journal, vol. 12, iss. 288, p. 185-188.
  • The orbit of the satellite of Neptune, (1898), Astronomical Journal, vol. 19, iss. 441, p. 65-66.
  • Motion of the perihelion of Mercury, (1900), Astronomical Journal, vol. 20, iss. 479, p. 185-186.
  • The differential equations of disturbed elliptic motion, (1906), Astronomical Journal, vol. 25, iss. 586, p. 77-79.

Fonte[editar | editar a fonte]

  • Historia del Telescopio, Isaac Asimov, Alianza Editorial (1986).
  • Buscador NASA ADS (traballos, artigos e publicacións)[1].

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]