George Carlin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carlin en 2008

George Denis Patrick Carlin, nado o 12 de maio de 1937 en Nova York en e falecido o 22 de xuño de 2008 en Santa Mónica, foi un humorista, actor e escritor estadounidense que gañou cinco Grammy polos seus álbums de comedia[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Carlin caracterizouse pola súa actitude irreverente, o seu humor negro e os seus pensamentos contracorrente en política, lingua inglesa, psicoloxía, relixión, e varios suxeitos considerados tabú pola sociedade estadounidense da época. Carlin e a súa comedia "Seven dirty words" foi o eixo da decisión do Tribunal Supremo dos Estados Unidos no caso F.C.C. v. Pacifica Foundation (1978), que outorgou poder ao goberno para regulamentar o contido das emisións públicas de radio para evitar a utilización de linguaxe indencente.

O primeiro dos seus 14 especiais de comedia en vivo para a HBO gravouse en 1977. Na década de 1990 e 2000 centrou as súas actuacións en asuntos de política contemporánea estadounidense e satirizou o exceso de cultura americana. O seu derradeiro especial, It's Bad for Ya, gravouse tan só catro meses antes da súa morte.

Carlin sitúase segundo na lista que fixo Comedy Central dos 100 mellores cómicos en vivo de todos os tempos, superado por Lenny Bruce.[2] Carlin participou frecuentemente en The Tonight Show durante as tres décadas da era Johnny Carson e foi o anfitrión do primeiro episodio de Saturday Night Live (1975). Gravou 19 álbums de comedia e seis recopilatorios, en vida publicou catro libros entre eles Brain Droppings (1997) que recibiu un Grammy pola súa versión en audiolibro, participou en varios filmes e tivo o seu propio programa de televisión The George Carlin Show (1994-1995).

Notas[editar | editar a fonte]