Statoil
Statoil é unha compañía norueguesa de petróleo estabelecida en 1972. Trátase da maior compañía do país cuns 17.000 empregados. Mentres que Statoil figura listada na Bolsa de Valores de Nova York, o estado noruegués aínda mantén a maior parte da súa propiedade. A oficina central atópase situada na capital petroleira de Noruega, Stavanger.
Historia e características [editar]
Un dos maiores abastecedores de petróleo cru do mundo e un importante provedor de gas natural para o continente europeo, Statoil opera tamén ao redor de 2000 estacións de servizo en 9 países. O xefe oficial executivo desde mediados do 2004 en diante é Helge Lund, anterior xefe executivo de Aker Kvaerner.
En 2006 Statoil asinou un acordo de compra coa empresa Norsk Hydro, tamén norueguesa, dedicada aos hidrocarburos e ao gas natural. O 1 de outubro de 2007 fusionáronse ambas as empresas para pasar a chamarse StatoilHydro, esta nova empresa resultante da fusión é a maior do mundo en petróleo offshore.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Sitio oficial (en inglés)