Sitta magna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Giant nuthatch
Estado de conservación
En perigo
En perigo[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Sittidae
Xénero: Sitta
Especie: S. magna
Nome binomial
Sitta magna
Ramsay, 1876
Distribución de S. magna
Distribución de S. magna

Distribución de S. magna

Sitta magna é unha especie de aves da familia Sittidae propia de zonas de Asia oriental. É a especie de maior tamaño do seu xénero, de 19,5 cm de lonxitude,[2] e é predominantemente de cor gris agás uns lixeiros tons marróns avermellados nas partes ventrais da femia, cuxa lista ocular é máis clara que a do macho. O peteiro é moito máis voluminoso que o doutros Sitta.

Viven nas montañas do suroeste da China e norte de Tailandia, e crese que xa están extinguidos en Myanmar. O seu hábitat natural son os bosques de piñeiros de montaña tropicais ou subtropicais. No norte de Tailandia utilizan o Pinus kesiya para alimentarse e nidificar. Ambos os pais coidan as crías. Teñen xeralmente tres pitiños, que abandonan o niño pasados de 20 a 23 días da eclosión.[3]

Montaña Doi Ang Khang en Tailandia.

Conservación[editar | editar a fonte]

Esta especie está gravemente ameazada pola deforestación dos seus hábitats montañosos do suroeste da China. Como adoita necesitar grandes árbores para utilizar os seus ocos para aniñar, é moi sensible á eliminación das grandes árbores, e a BirdLife International na súa publicación de 2013 clasificou esta especie como en perigo porque se cre que a actual poboación, antes estimada nuns 10 000 individuos, é de só 2 500 e segue descendendo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Sitta magna". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2013. Consultado o 26 de novembro de 2013. 
  2. Harrap, Simon and Quinn, David; Tits, Nuthatches and Treecreepers (Helm Identification Guides); p. 169. ISBN 0713639644
  3. K. Charonthong & N. Sritasuwan (2009). "Behavior of the Giant Nuthatch (Sitta magna)". Research Journal of Biological Sciences 4 (11): 1142–1147. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre aves é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.