Sitio trinacional de Sangha
Coordenadas: 2°36′34″N 16°33′15″L / 2.60944, -16.55417
Sitio trinacional de Sangha | |
---|---|
Elefante africano de bosque no bosque de Sangha. | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | República Centroafricana República do Congo Camerún |
Tipo | Natural |
Criterios | ix, x |
Inscrición | 2012 (XXXVI sesión) |
Rexión da UNESCO | África |
Identificador | 1380rev |
O sitio trinacional de Sangha é un bosque dividido entre as nacións da República Centroafricana, o Camerún e a República do Congo. Foi declarado como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 2012 debido á súa extraordinaria biodiversidade e comunidades biolóxicas únicas.[1][2] O sitio inclúe 3 parques nacionais contiguos dentro dos bosques tropicais húmidos de África central: o Parque Nacional Nouabalé-Ndoki no Congo, o Parque Nacional Lobéké no Camerún e o Parque Nacional Dzanga-Ndoki na República Centroafricana. O gran tamaño do sitio e a cantidade relativamente limitada de deforestación nos tres parques permitiu que prosperen poboacións de especies vulnerables como elefantes africanos do bosque, gorilas, sitatungas e chimpancés.[1] Ademais, as poboacións de especies vexetais en perigo crítico de extinción como mukulungu están protexidas dentro dos límites do lugar.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "Sangha Trinational". UNESCO. Consultado o 2 de setembro de 2012.
- ↑ Gerken, James (9 de xullo de 2012). "Sangha Tri-National Protected Area Declared A World Heritage Site". huffingtonpost. Consultado o 3 de setembro de 2012.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sitio trinacional de Sangha |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- "Sitio trinacional de Sangha" (en inglés). UNESCO. Consultado o 2 de xaneiro de 2022.