Simón de Ons

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSimón de Ons
Biografía
NacementoDescoñecida
Descoñecido
MorteDescoñecida
Descoñecido
Datos persoais
RelixiónCatolicismo


Simón de Ons, máis coñecido como san Simón de Ons, foi un monxe lendario galego. Venérase como santo na parroquia de Cacheiras.

Lenda[editar | editar a fonte]

Igrexa de Cacheiras, onde se venera

Segundo a lenda recollida en Cacheiras por Carme Hermida[1], san Simón estaba buscando unha freguesía para atender. Parou nun determinado lugar e subiu enriba dunha laxe dende onde contemplaba as parroquias do redor. Porén, estaban todas ocupadas, Recesende por san Xoán Bautista e Cacheiras por santa Marta. Como lle gustou a zona, decidiu escoller unha, Cacheiras. Por iso é o padroeiro da devandita parroquia.

Tamén existen unhas pegadas nunha laxe, que, segundo a crenza, corresponden coas de san Xoán Bautista e san Simón de Ons, cando se separaron os dous.[1] A súa forma parece vinculalos cos petróglifos de podomorfos.[1] Foron redescubertas e postas en valor en 2012 polo concello.[1] Preto tamén se encontra a fonte de Ons, que lle dá nome ao santo e que posúe tradición de meigas.[1]

Iconografía[editar | editar a fonte]

Non se debe confundir co outro san Simón. San Simón de Ons represéntase como abade, con hábito negro e branco, como un frade dominico. Así o describe xa en 1607 o cardeal Jerónimo del Hoyo.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Rula, Colectivo a (2018-11-22). "As pegadas de San Simón de Ons". Colectivo A Rula. Consultado o 2024-01-16.