Silhouette
| Silhouette | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | La Passe |
| País | Seixeles - Seychelles |
| Localización | Océano Índico |
| Arquipélago | Seixeles |
| Linguas | |
| Poboación (2009) | 135 hab. |
| Superficie | 20 km² |
| Densidade | 6´75 hab./km² |
| Coordenadas | 4°29′S 55°14′E / 4.483°S 55.233°E |
| Maior Altura | 740 m. Mont Dauban |
| Localización | |
A Illa de Silhouette áchase a 20 Km ao noroeste de Mahé en Seixeles. É a terceira illa máis grande de Seixeles. Ten un área de 20 Km² e unha poboación de 135. O asentamento principal é La Passe, onde hai un hotel para que os visitantes. O seu nome vénlle dado por Étienne de Silhouette (1709-1767), ministro francés de finanzas baixo o reinado de Luís XV.
Características [editar]
A illa é montañosa, con cinco picos de máis de 500 metros de altitude; Mont Dauban (740m), Mont-Pot-a-Eau (621m), Gratte Fesse (515m), Mont Corgat (502m) e Mont Cocos Marrons (500m). Isto fai que sexa a paisaxe máis agreste das illas.
Desde o século XIX ata 1960 a illa foi posuída pola familia Dauban, de Illa Mauricio, que plantaron árbores froiteiras e palmas de coco. A casa da plantación de Dauban restaurouse recentemente.
A Illa de Silhouette sitúase dentro dun Parque Nacional Marítimo-Terrestre, que se dedica á protección do medio. É un dos lugares máis ricos en biodiversidade do Océano Índico occidental con moitas especies endémicas e ameazadas de plantas e do animais.
A illa ten un gran área de bosque primitivo, onde crían os morcegos das Seixeles. É, ademais, un área importante para as aves e é considerada pola Alianza para a Extinción Cero [1] como un sitio importante para a supervivencia de especies en perigo. O Nature Protection Trust of Seychelles, encargado da conservación nas illas, ten un centro de crianza para tartarugas xigantes de Seixeles e tartarugas xigantes de Arnold. En decembro de 2006, esta última especie foi reintroducida no medio natural.
Na illa circulan distintas historias e lendas, como a de conter antigos sepulcros medievais de mariñeiros árabes (aínda que se dataron en tan só uns 200 anos), ou a de ter enterrado o tesouro do pirata Jean-François Hodoul.