Mahé
| Mahé | |
|---|---|
| Vista da illa | |
![]() |
|
| Datos | |
| Capital | Port Victoria |
| País | Seixeles - Seychelles |
| Localización | Océano Índico |
| Arquipélago | Seixeles |
| Linguas | |
| Poboación (2007) | 72.000 hab. |
| Superficie | 155 Km² |
| Densidade | 464 hab/km² |
| Coordenadas | 4°40′S 55°28′E / 4.667°S 55.467°E |
| Maior Altura | 905 m. Morne Seychellois |
| Localización | |
Mahé é a illa máis grande (155 km²) de Seixeles, situada no nordeste da nación. A poboación de Mahé é de 72.000 habitantes. Nela está a capital, Port Victoria, e un 90% da poboación total do país. A illa foi chamada Mahé de Labourdonnais, o gobernador de Illa Mauricio.
O pico máis alto de Mahé é Morne Seychellois con 905 m., situado no Parque Nacional de Morne Seychellois. A maioría dos habitantes da illa e o aeroporto internacional (aberto en 1971) atópanse na parte norte e este de a Illa. Na parte sur e oeste atópanse o Parque Nacional Baie Ternay e o Parque Nacional Port Launay Marine.
Mahé foi avistada por primeira vez polos británicos en 1609, e non volveu ser visitada polos europeos ata 1742. Mahé converteuse en posesión francesa ata 1814, cando pasou a ser colonia inglesa. Continuou sendo colonia ata 1976, cando Seixeles converteuse nunha nación independente.
