Severino Domínguez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de marzo de 1915 Sanxenxo, España |
Morte | 11 de xaneiro de 2018 (102 anos) Pontevedra, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista , político |
Partido político | Partido Comunista de España |
Lingua | Lingua castelá |
Severino Domínguez Rey, coñecido como Pepillo, nado en Sanxenxo o 5 de marzo de 1915 e finado en Pontevedra o 11 de xaneiro de 2018,[1] foi un sindicalista e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Militante do PCE. Foi vicepresidente da Unión Agraria e Mariñeira de Portonovo afecta á CNT e secretario xeral do PCE en Sanxenxo, tamén era responsable do Socorro Rojo e dirixente das milicias. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 1 de agosto e ingresado no cárcere de Cambados; sen procesamento xudicial pasou por varias cadeas e batallóns de traballadores en Galicia e España até 1940. Foi xulgado en Ferrol por deserción resultando con sobresemento definitivo. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1941.[2] En 1948, cando caeu a organización comunista na provincia de Pontevedra, foi novamente detido con Manuel López Esperón, Carlos Crespo Alfaya Jesús Carrera Barreiro e Gonzalo Velasco, e torturado pola súa actividade política clandestina. Foi acusado de difundir propaganda clandestina e exemplares de Mundo Obrero e El Guerrillero. Foi sometido a un novo consello de guerra e condenado a dous anos en prisión por un delito equiparado ao de rebelión militar. Cumpriu condena na Prisión Provincial de Pontevedra, de onde saíu en liberdade condicional en marzo de 1950.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Severino Domínguez na páxina web Nomes e Voces.