Severina Vučković

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Severina Vučković

Severina Vučković (21 de abril de 1972, Split, Croacia) é actriz e unha estrela da música pop croata. O seu nome artístico é simplemente Severina. O seu estilo ten varias influencias dos artistas e do estilo cabaret. A carreira de Severina comezou en 1989, e é unha das artistas máis populares do seu país desde aquela. Gañou moitos festivais e os seus álbums alcanzaron altas vendas. Algunhas das súas cancións máis populares son Kad si sam, Dalmatinka, Djevojka sa sela, Ja samo pjevam, Paloma Nera, Virujen u te, Ante, Adio ljube, Hrvatica, Adam i Seva, Moja štikla, Krivi spoj . Lanzou un álbum cos seus grandes éxitos en 2005.

En 2004 o seu nome viuse envolto nun escándalo sexual ao divulgarse por internet un vídeo no cal ela e un home casado tiñan relacións sexuais. O que causou sorpresa en Croacia xa que ela era ata entón un símbolo da modestia relixiosa, promovendo a abstinencia e a moral nas súas aparicións públicas, co que foi acusada de hipocresía. Pero relanzou a súa imaxe internacionalmente, gañou o festival de Dora 2006 coa canción Moja Štikla e representou a Croacia no Festival de Eurovisión de 2006, quedando no posto 13º.