Sendinés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sendinés
Sendinés, sendinês
Outros nomes:mirandés do sur, mirandés de l sul, mirandês do sul
Falado en: Portugal Portugal
Rexións: Sendim e Atenor, Miranda do Douro
Total de falantes: 2 000
Familia: Lingua mirandesa
Categoria (fontes): [1]
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Sendim e Atenor
Regulado por: Instituto da Lingua Mirandesa, Asociación da Lingua e Cultura Mirandesa
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
Mapa
Status

O sendinés[2] (en mirandés: sendinés,[3] portugués: sendinês[4]), por veces referido polo nome mirandés do sur[5] (en mirandés: mirandés de l sul, en portugués: mirandês do sul), é unha variedade da lingua mirandesa, falada na aldea de Sendim, actualmente organizada como Sendim e Atenor.[6]

Distínguese daquela lingua por monotongar os ditongos crecentes ie e uo en i e u (como tal ruodra -roda- lerase como rudra; piele -pel- lerase cumo pile), ditongar a nasal representada por on en ão (como tal preciçon -procesión- lerase como precissão) e por non palatalizar a lateral l en lh no comezo da palabra, como ocorre nas variedades lingüísticas do mirandés (como tal lhuna -lúa- é lido como luna), ademais doutras variantes lexicais.

A banda de rock agrícola Picä Tumilho, canta en sendinés.

Características[editar | editar a fonte]

  • Diferente da variedade raiana, a letra l en posición inicial non sofre palatalización.
  • O sufixo -on pronúnciase -ão.
  • Os ditongos crecentes ie e uo pronúncianse i e u respectivamente. Como tal: ruodra pronúnciase rudra; piel pronúnciase pil).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Mirandese". Ethnologue (en inglés). Consultado o 24 de febreiro de 2019. 
  2. Andrea Castelo Veiga. "Actualidade e vitalidade da lingua mirandesa". Fronteira Espanha-Portugal: documentação linguística e bibliográfica. Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2019. Consultado o 24 de febreiro de 2019. 
  3. Amadeu Ferreira e José Pedro Cardona Ferreira. "Sendinés". Dicionário de Mirandês-Português (en mirandés). Consultado o 24 de febreiro de 2019. 
  4. Porto Editora (ed.). "sendinês". Infopédia (en portugués). Consultado o 24 de febreiro de 2019. 
  5. Raposo, Eduardo B. P. et alii: “Variedades dialetais do português europeu”, en Gramática do Português. Lisboa: Fundação Calouste Gulbenkian, 2013, pp. 85 - 142
  6. Ferreira, Amadeu (2010). Revista do Festival Intercéltico, ed. "Língua Mirandesa". Casa de Trás-os-Montes e Alto Douro (en portugués). 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.