Sebastián de Aparicio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Monumento a Sebastián de Aparicio na Gudiña

Sebastián de Aparicio Prado, nado na Gudiña o 20 de xaneiro de 1502 e falecido en Puebla o 25 de febreiro de 1600, foi un relixioso franciscano galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A lenda conta que un lobo o curou da peste bubónica cando rapaz[1]. De mozo vai á seitura a Castela, e posteriormente traballa como xornaleiro en Zafra e como criado en Sanlúcar de Barrameda. En 1533 emigrou a México, onde se estableceu na cidade de Puebla como agricultor e gandeiro, e posteriormente entrou no mercado do transporte por estrada, onde avogou pola construción da Ruta da Prata mexicana e mais polo emprego de animais no transporte de mercadorías, en substitución de humanos indíxenas. Logo merca propiedades na Cidade de México e trasládase a vivir nelas (en Chapultepec e Atzcapotzalco). Casa xa de ancián por dúas veces (1562 e 1564, sempre con rapazas novas, pero as dúas falecen de forma rápida.

En 1573 doa todas as súas propiedades a un convento de clarisas e ingresa nel como traballador. Ao ano seguinte, 1574 faise frade franciscano en Cidade de México e ao ano seguinte entra nun convento en Tecali de Herrera, preto de Puebla. En 1576 marcha ao convento de Puebla onde permanecerá ata a súa morte, traballando como esmolante. Alcumarano "o frade das carretas".

Foi beatificado o 17 de maio de 1789 polo seu labor misioneiro en México. Os seus restos están expostos na igrexa de San Francisco, en Puebla.

Notas[editar | editar a fonte]