Sari Fisk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSari Fisk
Biografía
Nacemento17 de decembro de 1971 Editar o valor em Wikidata (52 anos)
Pori, Finlandia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaKankaanpää Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeFinlandia Editar o valor em Wikidata
Altura164 cm Editar o valor em Wikidata
Peso65 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogadora de hóckey sobre xeo Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaFinlandia Editar o valor em Wikidata
Deportehóckey sobre xeo Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Tampereen Ilves Editar o valor em Wikidata
Participou en
febreiro de 2006Xogos Olímpicos de Inverno de 2006
febreiro de 2002Xogos Olímpicos de Inverno de 2002
febreiro de 1998Xogos Olímpicos de Inverno de 1998  (Medalla de bronce olímpica) Editar o valor em Wikidata

Olympic.org: sari-fisk Editar o valor em Wikidata

Sari Kristiina Marjamäki (de solteira Fisk), nada o 17 de decembro de 1971 en Pori, é unha xogadora de hóckey sobre xeo retirada que xogaba na posición de dianteira.[1] Xogou 217 partidos coa selección finlandesa, representando o seu país en 16 competicións internacionais de primeiro nivel: tres torneos olímpicos, oito Campionatos do Mundo, e cinco Campionatos de Europa. Gañou un bronce olímpico na primeira edición do torneo feminino de hóckey sobre xeo nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1998, seis bronces máis no Campionato do Mundo, catro ouros no Campionato de Europa, así como un bronce europeo.[2]

Durante a súa carreira na SM-sarja, Sari Fisk xogou 401 partidos en 23 tempadas. Xogou cos Ässät da súa cidade natal, Ilves de Tampere, e as Espoo Blues de Espoo, e gañou catro medallas de ouro no campionato finlandés, así como outras dúas parts e catro bronces.[3] Ao longo das 23 tempadas que disputou na SM-sarja, Marjamäki meteu 339 goles e sumou 253 asistencias para un total de 592 puntos en total na liga regular, o que a sitúa na quinta posición de puntuadoras históricas da SM-sarja (excluíndo as estatísticas logo de que a competición fora renomeada como Naisten Liiga en 2017).[4]

Dende que se retirou en 2007, Fisk recibiu numerosos premios e honores como recoñecemento aos seus logros e influencia positiva no hóckey sobre xeo feminino en Finlandia. En 2014, foi introducida no Salón da Fama do hóckey sobre xeo finlandés co número 223.[5] Foi recoñecida como Ilves Hockey Legend nunha cerimonia celebrada o 7 de marzo de 2020.[6]

Ela e o seu marido, o adestrador xefe de Kärpät Lauri Marjamäki, teñen unha filla nada en 2008 e un fillo.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Sari Fisk" (en inglés). Sports-Reference.com. Arquivado dende o orixinal o 2 de novembro de 2012. Consultado o 21 de agosto de 2022. 
  2. "Finland Ice Hockey at the 1998 Nagano Winter Games" (en inglés). Sports-Reference.com. Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2020. Consultado o 21 de agosto de 2022. 
  3. "Ilves Hockey Legends" (en finés). Ilves Hockey Oy. Consultado o 21 de agosto de 2022. 
  4. "SM-sarja (W) Stats All-time totals" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 21 de agosto de 2022. 
  5. "Jääkiekkoleijonat M-O" (en finés). Museo finlandés do hóckey sobre xeo. Consultado o 21 de agosto de 2022. 
  6. "Ilves Hockey Legends -aatelointitilaisuus lauantaina 7.3. Ilves-HIFK-ottelussa" (en finés). Ilves Hockey Oy. 3 de marzo de 2020. Consultado o 21 de agosto de 2022. 
  7. Huttunen, Sasha (3 de setembro de 2016). "Leijonien uusi luotsi Lauri Marjamäki on tamperelainen perheenisä: "Kunhan se ei vaikuttaisi lähipiiriin, että teen tällaista työtä"". Iltalehti (en finés). Consultado o 21 de agosto de 2022.