Santiago Bolívar Piñeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSantiago Bolívar Piñeiro

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de setembro de 1950 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Santiago Bolívar Piñeiro, nado en Pontevedra o 18 de setembro de 1950, é un militar galego da Mariña Española, almirante da Frota da Armada (ALFLOT) entre os anos 2011 e 2015[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1970 ingresou na Escola Naval Militar de Marín. Unha vez nomeado oficial comandante, estivo ao mando do remolcador de altura Mahón, do patrulleiro de altura Chilreu, da Fragata Baleares, do Buque Escola Juan Sebastián Elcano e do Grupo de Unidades de Proxección da Frota.

Estivo destinado na Flotilla de Aeronaves, no Centro de Avaliación e Apoio á Cualificación para o Combate, e na División de Sistemas de Información e Comunicacións do Estado Maior da Armada. Foi xefe do Arsenal de Ferrol até abril de 2011, cando foi nomeado polo Consello de ministros Almirante da Frota Armada, o mando da cal se atopa na Base Naval de Rota.

En 2015, deixou o cargo polo paso á situación de reserva. En novembro dese mesmo ano foi nomeado presidente do consello de administración de Hisdesat[2], empresa española de servizos gobernamentais por satélite.

Notas[editar | editar a fonte]