Sandahl Bergman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSandahl Bergman

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de novembro de 1951 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Kansas City, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónShawnee Mission East High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbailarina , actriz de televisión , actriz de cinema , actriz de teatro , especialista de cinema Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1970 Editar o valor em Wikidata -
Premios

IMDB: nm0000922 Allocine: 70774 Allmovie: p5659 IBDB: 79990
Musicbrainz: c6017591-37f3-4de9-a0e3-0e11c61d4e68 Discogs: 1372276 Editar o valor em Wikidata

Sandahl Bergman, nada en Kansas City, Missouri o 14 de novembro de 1951, é unha bailarina, actriz e especialista de acción estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Danza[editar | editar a fonte]

Logo de pasar a nenez e a mocidade en Kansas, nos anos 70 mudouse a Nova York e comezou a bailar nalgúns musicais de Broadway. Bob Fosse contratouna como bailarina reserva do musical Pippin, dirixido por el mesmo. Tivo algúns papeis noutros musicais, até parte do cuerpo de actores/bailaríns de A Chorus Line, que era daquela o gran fenómeno de crítica e do público de Broadway. Interpretou a "Judy" despois de que varios dos actores e bailaríns orixinais deixaran o show en 1977.

Foi novamente promovida por Fosse no aclamado musical Dancin, de 1978, que contou con varios dos principais bailaríns de Broadway da época.

Cinema[editar | editar a fonte]

A súa estrea nas pantallas aconteceu cun pequeno papel nun filme para televisión. Despois del, participou no filme musical All That Jazz, tamén dirixido por Fosse, éxito de público e crítica e vencedor da Palma de Ouro do Festival de Cannes. Tamén participou no filme Xanadu, de 1980, con Olivia Newton-John.

Sandhal fíxose coñecida internacionalmente en 1982, ó protagonizar, a carón de Arnold Schwarzenegger o filme Conan o bárbaro, papel polo que acabó recibindo o Globo de Ouro de Actriz Revelación. Como non había ningunha dobre dispoñible coas súas características físicas, aprendeu a facer as escenas de risco que precisaban dun dobre. Tres anos despois, volveu participar noutro filme baseado nunha obra de Robert E. Howard, Red Sonja, na que interpretou a malvada Gedren.

Despois destes filmes, Sandhal actuou en pequenos papeis en diversos filmes e series de televisión. Casou por primeira vez ós 45 anos, en 1996. O seu derradeiro filme, foi O detective cantante, xunto a Adrien Brody e a Mel Gibson.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]