Bob Fosse

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bob Fosse
Bob Fosse and Viveca Lindfors 1963.jpg
Bob Fosse con Viveca Lindfors en 1963.
Nacemento Robert Louis Fosse
23 de xuño de 1927
Chicago, Illinois, Estados Unidos de América Estados Unidos
Falecemento 23 de setembro de 1987 (60 anos)
Washington, D.C., Estados Unidos de América Estados Unidos
Profesión Actor, bailarín, coreógrafo e director de cine
Ficha na IMDb

Robert Louis "Bob" Fosse, nado en Chicago, Illinois o 23 de xuño de 1927 e finado en Washington, D.C. o 23 de setembro de 1987, foi un actor, bailarín, coreógrafo e director de cinema e de teatro estadounidense. É a única persoa que gañou no mesmo ano un Oscar, un Emmy e un Tony ao mellor director.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a bailar e actuar cando era moi novo, facendo xiras pola área de Chicago e, ao ser recrutado, en bases navais do océano Pacífico.

Marchou a Nova York coa intención de converterse no novo Fred Astaire. A súa actuación coa súa primeira esposa, Mary Ann Niles, chamou a atención de Dean Martin e Jerry Lewis, conseguindo máis contratos, chegando á Metro-Goldwyn-Mayer en 1953.

Tras algunhas interpretacións en películas, comezou unha carreira coma coreógrafo en Broadway. Alí creou musicais como Sweet Charity ou Chicago.

A súa carreira coma director de cine está composta por só cinco filmes. Por tres deles conseguiu candidaturas ao oscar como mellor director, gañándoo por Cabaret. All That Jazz gañou tamén a Palma de Ouro.

Finou dun ataque ao corazón en 1987.

Obra[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]