San Leucio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Palacio barroco de Caserta e xardíns, acueduto de Vanvitelli e complexo arquitectónico de San Leucio
Fachada do Palazzo Belvedere
Caserta en Italia
Caserta
Caserta
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísItalia Italia
LocalizaciónCaserta, Italia
TipoCultural
Criteriosi,II,III,IV
Inscrición1997 (21ª sesió)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador549

San Leucio é unha frazione da comuna de Caserta, na rexión de Campania no sur de Italia. É notable por un complexo desenvolvido ao redor dunha antiga fábrica de seda, designada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1997.

Atópase a 3,5 km ao noroeste de Caserta, a 145 m. sobre o nivel do mar.

Historia[editar | editar a fonte]

En 1750 Carlos VII de Nápoles, aconsellado polo ministro Bernardo Tanucci, seleccionou este lugar, orixinariamente o lugar dun pavillón de caza real para a familia Acquaviva (agora restaurado, e coñecido como Palazzo del Belvedere), para un experimento social e tecnolóxico infrecuente, un modelo de produción diferente baseado na innovación técnica e alerta ás necesidades dos traballadores. Nos seus inicios, o balneario de San Leucio foi un lugar de pracer e couto real de caza, construído sobre as ruínas da igrexa de San Leucio, onde un ] acueduto levaba auga ata as fervenzas do Palacio Real de Caserta, deseñado por Vanvitelli. O fillo de Carlos, Fernando I, construíu un pavillón de caza neste sitio. Era un cazador moi hábil ao que non lle gustaban os praceres e o luxo da vida da corte. Foi aquí onde Carlos e o mozo rei Fernando construíron unha fábrica de seda. O complexo transformouse nun lugar de produción de seda e engadíronse edificios industriais, o que era bastante único a finais do século XVIII en Europa. O arquitecto Francesco Collecini deseñou estes edificios industriais, onde se instalaron ruidosos teares xunto aos apartamentos reais e unha sala de estar converteuse nunha capela para os traballadores.

Construíuse unha nova aldea para as residencias de traballadores e unha gran comunidade de teceláns de seda converterona nunha cidade industrial, que en 1789 foi considerada a "Real Colonia dei Setaioli" (a Colonia Real dos Tecedores de Seda). O rei tiña previsto expandila nunha verdadeira cidade nova, chamada Ferdinandopoli, pero o proxecto detívose debido á invasión francesa.

En San Leucio empregáronse as tecnoloxías máis avanzadas coñecidas en Europa na época para obter os produtos acabados. Os membros da colonia tiñan un status privilexiado cun moderno sistema de seguridade social. A revolución de 1799 detivo a realización completa de Ferdinandopoli, pero o complexo de San Leucio tivo un maior crecemento durante o dominio francés de 1806 a 1815.

Hoxe[editar | editar a fonte]

O patrimonio do rei Fernando aínda pervive hoxe en día nas firmas locais de seda e téxtiles, que traballan a escala internacional para clientes estranxeiros de elite como o Palacio de Buckingham, a Casa Branca, o Quirinale e o Palazzo Chigi.

O complexo de San Leucio alberga un Museo vivente da Seda con algúns teares e maquinaria antiga orixinal restaurada e exposta no patio do Belvedere, que mostran todas as fases das producións de seda, dende os vellos teares e maquinaria ata os produtos acabados. Desde 1997 o complexo de San Leucio está incluído na Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO en Europa como parte do sitio "Palacio barroco de Caserta e xardíns, acueduto de Vanvitelli e complexo arquitectónico de San Leucio". Desde 1999 nos meses de verán en San Leucio celébrase o Festival Leuciano, para promocionar o Belvedere de San Leucio e o seu parque.

Notas[editar | editar a fonte]

Referencias

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • The Architecture of Modern Italy: Challenge of Tradition, 1750–1900, Terry Kirk – ed. Princeton Architectural Press – Nova York – 2005 ISBN 1-56898-438-3. Páxina 39.
  • The Seduction of Place: The History and Future of the City, Joseph Rykwert ed. Oxford University Press – 2000 ISBN 978-0-19-280554-6 Excerpt page 85: ...San Leucio...
  • Naples and Napoleon: Southern Italy and the European Revolutions, 1780–1860 by John A. Davis ed. Oxford University Press – 2006 ISBN 0-19-820755-7 Excerpt page 17: ...San Leucio...
  • In the Shadow of Vesuvius: A Cultural History of Naples by Jordan Lancaster ed. J.B. Tauris &Co Ltd – 2005/2009 ISBN 978-1-84511-699-6 Excerpt page 144: ...San Leucio...
  • Naples in the Eighteenth Century: The Birth and Death of a Nation State (Cambridge Studies in Italian History and Culture) by Girolamo Imbruglia – ed. The Press Syndicate of the University of Cambridge – 2000 – ISBN 0-521-63166-1 Excerpt page 151: ...San Leucio...

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]