Saltar ao contido

Safari (navegador)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Safari
O logo de Safari é un compás.
Desenvolvedor(es)Apple Inc.
Escrito enC++, Objective-C e Swift
Sistema operativomacOS
iOS
iPadOS
Lingua/sMultilingüe
Galego: Non
LicenzaPropietaria, Motor de renderizado baixo LGPL
Sitio webhttps://www.apple.com/es/safari/

Safari é un navegador web desenvolvido por Apple para os seus sistemas operativos macOS, iOS e IPadOS. O código utilizado para renderizar páxinas web baséase no motor KHTML, creado para o proxecto KDE. Como resultado disto, o motor interno de Safari é software libre e é liberado baixo os termos da licenza GPL. As melloras ao código de KHTML por parte de Apple son incorporadas ao código de KDE rapidamente.

En xuño de 2007 Apple anunciou unha versión de Safari para Windows, e puxo a disposición pública unha versión beta da mesma. Pero no 2012 Apple deixou fora a versión de Windows abandonándoa na versión 5.1.7.

A primeira versión beta de Safari foi presentada na exposición Macworld no ano 2003. A súa versión 1.0 lanzouse en xuño de 2003. A versión 1.1 publicouse en outubro do mesmo ano e converteuse na primeira versión de Safari en ser o navegador predeterminado para macOS.

Anteriormente ao lanzamento de Safari, Apple incorporaba o navegador Internet Explorer para Mac de Microsoft ás súas computadoras como navegador predeterminado. No Mac OS X v10.3, Internet Explorer continúa sendo incluído, pero xa non é o navegador predeterminado, e en Mac OS X v10.4 só se atopa Safari.

Apple Computer e Sun Microsystems decidiron unirse para substituír o motor KHTML por un novo motor denominado Sunrise, e que se incorporaría nas novas versións de Safari.

Características

[editar | editar a fonte]
  • Motor de renderizado KHTML
  • Interface de estilo metálico
  • Administración de marcadores similar á de iTunes
  • Integración da tecnoloxía multimedia de Apple, QuickTime
  • Navegación dividida en lapelas, do mesmo xeito que a maioría dos navegadores actuais
  • Caixa de texto para procura, a través do motor de procura de Google
  • Lectura de feeds (RSS)
  • Gardado de páxinas en arquivos locais

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]