Apple Inc.
Apple Inc. (antes, Apple Computer, Inc.) é unha compañía informática norteamericana con sede en Cupertino (California), fundárona Steve Jobs e Stephen Wozniak o 1 de abril de 1976. Apple contribuíu a popularizar a informática nos 70 co seu Apple II e nos 80 co Macintosh. Na actualidade posúe o 5% do mercado mundial dos ordenadores e emprega a 13.426 persoas[Cómpre referencia].
Índice |
[editar] Boot Camp
Boot Camp é unha aplicación que permite instalar e manexar Windows nas computadoras de Apple. Este programa só funciona nos Ordenadores Mac con procesador de Intel.
A versión final de Boot Camp está dispoñible dende a saída ao mercado do sistema operativo de Apple, Mac OS X 10.5 Leopard. A aplicación Boot Camp atópase en todas as instalacións de Mac OS X 10.5 en /Aplicacións/Utilidades e a través dun asistente gráfico, os usuarios poden instalar Windows XP ou Vista e logo reiniciar o ordenador para escoller se queren comezar con Mac OS X ou Windows XP ou Vista.
É posible que Apple gañe máis cuota do mercado con este movemento, por iso cambiou ós procesadores Intel, xa que hai usuarios que estarían dispostos a cambiarse a Mac se puideran arrancar Windows.
[editar] Produtos
- Mac OS X
- iMac
- Power Mac
- Mac Pro
- MacBook
- MacBook Pro
- PowerBook
- iBook
- iPod
- Apple Cinema Display
- Mac mini
- Xserve
- AirPort
- QuickTime
- iLife
- iWork
- Final Cut Studio
- iPhone
- iPad
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Páxina web oficial de Apple
- Boot Camp (beta)
- Apple Premium Reseller en Santiago de Compostela
- ACME Galicia: Centro de Formación de Tecnoloxías Apple
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa informática que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |