Órbita heliosíncrona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O plano da órbita está fixado en relación á Terra, non ó fondo de estrelas.
O plano da órbita está fixado en relación á Terra, non ó fondo de estrelas.

Unha órbita heliosíncrona debuxa unha órbita xeocéntrica lixeiramente retrógrada, da que se escolle a altitude e inclinación para que o ángulo entre o plano da órbita e a dirección do Sol permaneza aproximadamente constante, quedando así o plano da órbita fixado en relación á Terra.

Un satélite situado sobre unha órbita semellante pasa sobre un punto dado da superficie terrestre á mesma hora solar local.

É usada por gran parte dos satélites que fan observacións fotográficas en luz visible (meteorolóxicos, de recoñecemento, de teledetección...), pois a iluminación do lugar observado ten pouca variación dunha a outra toma. É unha órbita polar baixa (entre uns 200 e 1680 km de altura, radio entre 6500 e 8000 km) e periodicidade curta (de 88 a 120 minutos).[1]

En setembro de 2020 A ESA puxo en órbitas heliosíncronas diversos minisatélites de cubesat.[2]

Notas[editar | editar a fonte]