SEAT Málaga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
SEAT Málaga
SEAT malaga-sł.jpg
Fabricante España SEAT
Produción 1985-1991
Outros nomes SEAT Gredos (Grecia)
Predecesor SEAT 131
Sucesor SEAT Córdoba
Motor 1193 cc gasolina
1461 cc gasolina
1714 cc diésel
Potencia 63, 85-100 e 55 CV
Lonxitude 4'273 m
Anchura 1'650 m
Altura 1'345 m

O SEAT Málaga (en Grecia SEAT Gredos) é un modelo de automóbil de turismo familiar, producido polo fabricante español SEAT entre os anos 1985 e 1991. O modelo Málaga foi o sucesor do SEAT 131, e pertence ó segmento de vehículos con motor dianteiro, tracción dianteira e 4 portas.

O "Málaga" contou con 3 motorizacións, 2 de gasolina e 1 diésel, que ofrecían un rango de potencias dende os 55 ós 100 CV. Os motores de gasolina foran diseñados por Porsche, mentres que o diésel seguía sendo de orixe Fiat.

O SEAT Málaga era básicamente un SEAT Ibiza con 3 corpos, é dicir, "con cu". Cando deixou de ser fabricado en 1991 tivo que agardar 2 anos para ser substituído polo SEAT Córdoba.

Do SEAT Málaga producíronse 231.852 unidades.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]