SC Bern

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
SC Bern
PostFinanceArenaFans.jpg
Fundado en 1921
Sede Wappen Bern matt.svg Berna,
Flag of Canton of Bern.svg Cantón de Berna
Suíza Suíza
Cancha PostFinance-Arena
(17.131 espectadores)
Cores Vermello, amarelo e negro
                 
Liga National League A
Campionatos 12 Ligas
Adestrador Finlandia Antti Törmänen
Director Suíza Sven Leuenberger
Sitio Web http://www.scb.ch

O Schlittschuh Club Bern é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Berna, no cantón homónimo (Suíza). O club tivo a media de asistencia máis alta de Europa durante a tempada 2010-11, cunha media de 15.856 espectadores.[1]

Mantén históricas rivalidades con HC Fribourg-Gottéron, EHC Biel, e SCL Tigers.

Historia[editar | editar a fonte]

SC Bern fronte a SCL Tigers nun partido ao aire libre o 14 de xaneiro do 2007.

A sección de hóckey sobre xeo do Bern Sports Club, que foi fundada o 3 de novembro de 1930, comezou oficialmente a xogar o 1 de xaneiro de 1931.

Actualmente, o SC Bernt é un equipo moi popular e rexistra grandes entradas no seu estadio, o PostFinance Arena, un dos estadios de hóckey sobre xeo máis grandes de Europa. No 2006 batiu un novo récord de asistencia media a nivel de clubs europeos, cunha media de 15.994 espectadores en 22 partidos como local.[2] Proclamouse campión da liga suíza en 12 ocasións, coa súa vitoria máis lembrada en 1989 sobre o HC Lugano.

Durante o lockout da NHL na tempada 2004-05, Daniel Brière, Dany Heatley, J. P. Dumont, Marc Savard, Henrik Tallinder, e Chris Clark xogaron co SC Bern.

Logo do fracaso nos play-offs do 2006, o club remprazou ao seu primeiro adestrador Alpo Suhonen por John van Boxmeer e ao seu general manager Roberto Triulzi por Sven Leuenberger.[3] Leuenberger xogara anteriormente 13 tempadas defendendo a camiseta do club, anotando un total de 67 goles, 145 asistencias, e catro títulos nacionais. O número 16 da súa camiseta é un dos dorsais retirados polo SC Bern.

O 30 de setembro do 2008, o SC Bern desputou unha serie de partidos amigables contra os New York Rangers da National Hockey League con motivo dos 100 anos de hóckey sobre xeo en Suíza. 49 anos dende a última visita dos Rangers a Suíza, derrotaron ao equipo local por 8-1. A pesar dos resultados, o SC Bern xogou un partido igualado cun marcador de 2-0 ao final da segunda parte. O ex-xogador dos Phoenix Coyotes nado en Canadá, o defensa Travis Roche marcou o gol do SC Bern a principios do terceiro período.

Palmarés[editar | editar a fonte]

  • 12 National League A: 1959, 1965, 1974, 1975, 1977, 1979, 1989, 1991, 1992, 1997, 2004, 2010
  • 10 Europacup: 1965, 1974, 1975, 1977, 1979, 1989, 1991, 1992, 1996, 1997

Notas[editar | editar a fonte]

  1. (Europe) en www.hockeyarenas.net
  2. [1]
  3. Bear season over in Switzerland en www.iihf.com

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

WikiProject Ice Hockey logo.svg
A Galipedia ten un portal sobre:

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]