Saltar ao contido

Sócrates Gómez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSócrates Gómez
Nome orixinal(es) Sócrates Gómez Pérez Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de xullo de 1914 Editar o valor en Wikidata
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Morte18 de xaneiro de 1989 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
2 de xullo de 1977 – 2 de xaneiro de 1979

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Deputado na Asemblea de Madrid
Senador de España
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiJosé Gómez Osorio Editar o valor en Wikidata

Sócrates Gómez Pérez, nado en Vigo o 27 de xullo de 1914 e finado en Madrid o 18 de xaneiro de 1989, foi un xornalista e político galego, histórico militante do PSOE, activo en Madrid.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo do histórico dirixente socialista José Gómez Osorio, a súa vida política comezou nas Juventudes Socialistas aos 14 anos. En 1930 entrou no PSOE e na UGT. En 1931 formou parte da redacción de El Socialista. Dirixiu máis tarde La Correspondencia de Valencia e La Voz del Combatiente, órgano do Exército Republicano, do que foi oficial. Foi membro do Comité Nacional do PSOE e Presidente da Federación Nacional das JJSS. Foi secretario do Ministerio de la Gobernación entre setembro do 1936 a xaneiro de 1937 e concelleiro en Madrid (1938). Foi procesado varias veces durante e despois da Guerra Civil española. Ao rematar a guerra foi detido e internado no campo de concentración de Albatera. De alía pasou ao cárcere de Orihuela o 25 de abril de 1939, e o 10 de maio foi enviado a Madrid.[1] Entre 1962 e 1971 viviu en Londres.

Despois da fin do réxime franquista foi deputado no Congreso dos Deputados (1977-1978), concelleiro en Coslada (1979-1983), deputado da Asemblea de Madrid (1983-1989) e senador por designación autonómica da Asemblea de Madrid (1983-1987).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]