Philips

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Koninklijke Philips Electronics N.V.
Philips logo new.svg
Sense and simplicity
HeadPhilips.jpg
Sede de Philips en Amsterdam.
Tipo Sociedade Anónima
Fundación 15 de maio de 1891 Eindhoven, Holanda
Localización Amstelplein 2 1096 BC Amsterdam, Países Baixos Países Baixos
Fundador Gerard Philips
Frederik Philips
Persoas clave Jeroen van der Veer (Presidente)
Frans van Houten (CEO)
Industria Electrónica
Produtos Electrónica, iluminación, equipamento médico
Beneficio 24.800 millóns de euros (2012)
Número de empregados 121.284 (2012)
Páxina web philips.com

Philips é unha empresa holandesa de electrónica. Ten a súa sede na cidade de Amsterdam, pero a orixe da empresa está en Eindhoven. A empresa produce electrónica de consumo, iluminación, telecomunicacións e equipamento médico.

Philips é o fundador e patrocinador do club de fútbol PSV Eindhoven.

Historia[editar | editar a fonte]

Antigo logo da empresa.
Etatua de Anton Philips en Eindhoven.

En 1891 Gerard Philips xunto co seu pai Frederik Philips fundaron Philips & Co. nun local en Eindhoven. Os primeiros produtos foron bombillas, actualmente o local foi convertido nun museo. Orixinalmente a planta de Philips adicábase á montaxe de lámpadas de filamento de carbono. Gerard Philips estaba particularmente interesado na investigación e sentou as bases para o Laboratorio de Física de Philips (NatLab), o sucesor foi, o High Tech Campus de Eindhoven. Ca incorporación do irmán Gerard Anton Philips, en 1895, a dirección da empresa compleméntase cun home de negocios que era capaz de facer medrar a empresa. En 1899 Anton pasa a ser socio xerente da empresa. En 1907, fúndase NV Philips Metal Factory en Eindhoven, seguindo en 1912 co establecemento de NV Philips, Gerard e Anton Philips foron os primeiros directores.

Cronoloxía[editar | editar a fonte]

Radio a válvulas Philips 930A (1931).
DCC
  • 1891 fundación de Philips por Gerard Philips o seu irmán Anton e seu pai Benjamin Frederik David, primo irmán de Karl Marx, para producir lámpadas incandescentes na zona de Eindhoven
  • 1918 saída ao mercado dun tubo de raios X médico e dun servizo de reparación de aparellos radiográficos. Créase a división de sistemas médicos
  • 1925 primeiros experimentos da compañia ca televisión
  • 1926 fundación de Philips en España
  • 1927 inicia a fabricación de radios e pequenos electrodomésticos
  • 1940 iníciase a Segunda Guerra Mundial, as fábricas do país foron destruídas polos bombardeos da Luftwaffe. A empresa instalouse en Bélxica, Estados Unidos e Inglaterra
  • 1950 fúndase Philips Records
  • 1963 lanzamento da cinta de audio
  • 1965 primeiro circuíto integrado experimental e fabricación de equipamentos electrónicos transistorizados
  • 1972 Philips funda PolyGram
  • 1978 introdución do seu primeiro aparello VHS fabricado en Reino Unido
  • 1979 presentación do formato de vídeo para o fogar V2000
  • 1983 xunto con Sony, lanza o CD (compact disc)
  • 1992 lanzamento do DCC, cinta de audio dixital
  • 1995 DVD desenvolvido xunto con Sony e Toshiba
  • 1998 Philips Royal Electronics vende PolyGram a Seagram, fusionada con MCA, formando a Universal Music Group
  • 2001 Philips lanzou a cafeteira Senseo
  • 2001 Philips e LG iniciaram unha joint venture para producir monitores ca marca LG Philips
  • 2001 a sede da Philips foi transladada de Eindhoven a Amsterdam
  • 2006 presentación xunto con Sony do Blu-ray
  • 2009 inicia a produción da primeira lámpada com tecnoloxia LED
  • 2010 Philips presenta televisores con tecnoloxía LED e Ambilight Spectra II.
  • 2010 primeira televisión LED 3D
  • 2011 Philips renovou a liña de cafeteiras Senseo

Philips en España[editar | editar a fonte]

Carta de axuste de Philips.

Philips chega a España en 1926 nun principio como importadora e distribuidora. En 1927 merca a empresa Lámparas Eléctricas “Z” (SELEZ). Unha empresa fundada en 1908 polo enxeñeiro barcelonés Luis Muntadas Rovira adicada á fabricación de lámparas de alumbrado. En 1945 comezou a fabricación de tubos fluorescentes e dez anos despois a fabricación de tubos de imaxe para televisores. En 1959 inaugúrase a primeira instalación para fabricar ferritas na Zona Franca de Barcelona, onde no ano seguinte funda Miniwatt, S.A. adicada á fabricación de compoñentes electrónicos.

Nos anos 1980 e 1990 Philips reorganizou toda a súa estrutura produtiva e de organización[1].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]