Pericarpo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O pericarpo é, en botánica, a parte exterior do froito que recobre a semente e consiste no ovario fecundado.

No pericarpo pódense distinguir tres camadas, de fora a dentro son:

  • O epicarpo que é normalmente a tona magra coloreada que aínda que endurecida non adoita ser lignosa, pela.
  • O mesocarpo adoita estar construído por moitas células grandes e adoita ser a parte suculenta e mol das froitas.
  • O endocarpo pode ben ter unha consistencia semellante á do mesocarpo ou endurecerse moito.

Hai unha clase de froitos cuxo pericarpo está fusionado co tegumento da semente nunha soa camada, son os chamados cariópsides, que teñen cereais coma o trigo, o millo ou o arroz.