Rubén Ruibal
Rubén Ruibal Armesto, nado en Ribadeo en 1970, é un actor e autor teatral galego.
Índice |
[editar] Traxectoria
Formouse xunto ao dramaturgo Roberto Vidal Bolaño co que colaborou na compañía Teatro do Aquí. No ano 2000 crea, xunto con Carlos Losada, a compañía Teatro Cachuzo, que leva ás táboas as súas primeiras obras Fume (2000) e Nunca durmo, de Erik Cachuzo (2003).
Tras a morte de Vidal Bolaño en 2002, e o feche de Teatro do Aquí, cesa a súa actividade teatral sobre as táboas e céntrase en escribir. Traffic: arroz mubi (2004) e ¡Triumfadores! (2005) foron representadas por Patatín & Patatán Superproductions.
A obra Limpeza de sangue (o sangue fai ruído) (Ed. Xerais e IGAEM, 2006) gañou o Premio Álvaro Cunqueiro en 2005 e o Premio Nacional de Literatura Dramática en 2007. No 2010 foi levada aos escenarios por Espello Cóncavo, baixo a dirección de Arturo López, e o seu texto recibiu tamén o Premio María Casares ó mellor texto orixinal en 2011. Está prevista a adaptación cinematográfica da obra[1].
[editar] Obra literaria
[editar] Teatro
[editar] Obras colectivas
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
[editar] Notas
- ↑ "Filmanova levará ao cine a obra 'Limpeza de sangue' de Rubén Ruibal", artigo en Xornal de Galicia, 14 de agosto de 2011.