Ronny Persson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRonny Persson
Biografía
Nacemento11 de agosto de 1966 Editar o valor em Wikidata (57 anos)
Kramfors, Suecia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSuecia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónskier (en) Traducir , esquiador alpino , atleta paralímpico , wheelchair curler (en) Traducir , curler (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Deporteesquí alpino
wheelchair curling (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Man de xogodestro Editar o valor em Wikidata
Participou en
marzo de 2022Jogos Paralímpicos de Inverno de 2022 (pt) Traducir
marzo de 2018Jogos Paralímpicos de Inverno de 2018 (pt) Traducir
marzo de 2002Jogos Paralímpicos de Inverno de 2002 (pt) Traducir
marzo de 1998Jogos Paralímpicos de Inverno de 1998 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Facebook: ronny.persson.39 Twitter: ronntan45 Instagram: ronntanswe Editar o valor em Wikidata

Bo "Ronny" Michael Persson,[1] nado en Kramfors, condado de Västernorrland o 11 de agosto de 1966, é un esquiador alpino paralímpico e xogador de curling en cadeira de rodas sueco.[2]

Carreira deportiva[editar | editar a fonte]

Como esquiador alpino (clase LW10: sentado, con paraplexía, sen ou con algunha función abdominal superior e sen equilibrio funcional sentado) participou nos Xogos Paralímpicos de Inverno de 1998 celebrados en Nagano (no Xapón) onde gañou unha medalla de bronce en descenso, e nos Xogos Paralímpicos de Inverno de 2002 de Salt Lake City (nos Estados Unidos) onde gañou tres medallas de prata en slálom, slálom xigante e super-G, e unha medalla de bronce en descenso.

Antes dos Xogos Paralímpicos de Inverno de 2006 de Turín (Italia) a idea era que Ronny terminaría a súa carreira alpina ao gañar un ouro paralímpico, o que fixo na maioría dos mundiais. Mais unha lesión que conduciu a unha infección grave e intoxicación sanguínea puxo fin a estes plans.

Despois dalgúns anos sen practicar deporte algún, comezou a súa carreira no curling en cadeira de rodas en 2013.[3]

Como curler de cadeira de rodas, participou nos Xogos Paralímpicos de Inverno de 2018 de Pieonchang (Corea do Sur) onde o equipo sueco terminou no décimo lugar. Ademais nestes xogos foi portador da bandeira sueca na cerimonia de apertura.[4]

En 2004 recibiu un nomeamento para o Premio Laureus para o deportista con discapacidade do ano.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Bo Ronny Michael Persson (Stockholm, 53 år) - Merinfo.se". www.merinfo.se (en sueco). Consultado o 22 de xullo de 2020. 
  2. "Ronny Persson. Personal details". results.worldcurling.org (en inglés). Consultado o 22 de xullo de 2020. 
  3. "Stockholm » Ronny glider fram mot VM och Paralympiska spelen". rtps.se (en sueco). Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2020. Consultado o 22 de xullo de 2020. 
  4. Burman, Roger (12 de marzo de 2018). "Paralympiern Ronny Persson: "Curling? Jag är ju en störtloppskille!"". Sveriges Radio (en sueco). Consultado o 22 de xullo de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]