Roger Crozier Saving Grace Award

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Roger Crozier Saving Grace Award,[1] oficialmente denominado por motivos de patrocinio MBNA/MasterCard Roger Crozier Saving Grace Award,[2] foi un trofeo de hóckey sobre xeo outorgado anualmente pola National Hockey League (NHL) ao porteiro que finalizou a liga regular coa mellor porcentaxe de paradas.[3] Só os porteiros que xogaron 25 partidos ou máis na tempada eran elixibles para o trofeo.[1] A porcentaxe de paradas dun porteiro representa a porcentaxe de tiros a porta que para, e calcúlase dividindo o número de goles polo número total de tiros a porta.[4]

O premio foi entregado por primeira vez ao final da tempada 1999-00,[3] e recibiu o seu nome en honor ao antigo porteiro dos Detroit Red Wings, Buffalo Sabres e Washington Capitals Roger Crozier, un gañador dos trofeos Calder e Conn Smythe Trophy que xogou na NHL entre 1964 e 1977.[5] Foi presentado pola empresa MBNA en memoria de Crozier, que traballou para o MBNA America Bank despois da súa retirada como xogador, e morreu o 11 de xaneiro de 1996.[1] O gañador do trofeo recibía un trofeo conmemorativo de cristal e recibía a cantidade de 25.000 dólares para doar a hóckey xuvenil ou a outros programas educativos da súa elección.[1]

A partir de 2007, despois da cal deixou de ser entregado, o premio foi entregado a seis xogadores diferentes en sete ocasións. Marty Turco é o único porteiro que gañou dúas veces o trofeo. Os Dallas Stars gañaron o trofeo tres veces, mentres que os Montreal Canadiens e os Minnesota Wild o gañaron en dúas ocasións. O premio non foi entregado en 2005, xa que a tempada 2004-05 foi suspendida a causa do Lockout da NHL 2004–05.[6]

Gañadores[editar | editar a fonte]

Marty Turco é o único xogador que gañou o trofeo dúas veces.

     Xogador aínda en activo na NHL.      Xogador introducido no Hockey Hall of Fame.

Tempada Xogador Equipo % paradas Nº vitorias Ref.
1999-00 Ed Belfour Dallas Stars 91,9 1 [7]
2000-01 Marty Turco Dallas Stars 92,5 1 [8]
2001-02 José Théodore Montreal Canadiens 93,1 1 [9]
2002-03 Marty Turco Dallas Stars 93,2 2 [8]
2003-04 Dwayne Roloson Minnesota Wild 93,3 1 [10]
2004-05 Non foi outorgado a causa do lockout
2005-06 Francia Cristobal Huet Montreal Canadiens 92,9 1 [11]
2006-07 Finlandia Niklas Bäckström Minnesota Wild 92,9 1 [12]

Líderes en porcentaxe de paradas (1982–1999)[editar | editar a fonte]

Antes do 2000, non había ningún premio para os líderes da liga en porcentaxe de paradas. A NHL comezou a contar este dato estatístico en 1982,[13] e esta lista enumera a todos os líderes dende que se comezou a contar a porcentaxe de paradas ata a introdución do trofeo.

Tempada Xogador Equipo % paradas Nº vitorias
1982-83 Roland Melanson New York Islanders 91,0 1
1983-84 Roland Melanson New York Islanders 90,3 2
1984-85 Warren Skorodenski Chicago Black Hawks 90,3 1
1985-86 Bob Froese Philadelphia Flyers 90,9 1
1986-87 Ron Hextall Philadelphia Flyers 90,2 1
1987-88 Patrick Roy Montreal Canadiens 90,0 1
1988-89 Patrick Roy Montreal Canadiens 90,8 2
1989-90 Patrick Roy Montreal Canadiens 91,2 3
1990-91 Ed Belfour Chicago Blackhawks 91,0 1
1991-92 Patrick Roy Montreal Canadiens 91,4 4
1992-93 Curtis Joseph St. Louis Blues 91,1 1
1993-94 República Checa Dominik Hašek Buffalo Sabres 93,0 1
1994-95[nota 1] República Checa Dominik Hašek Buffalo Sabres 93,0 2
1995-96 República Checa Dominik Hašek Buffalo Sabres 92,0 3
1996-97 República Checa Dominik Hašek Buffalo Sabres 93,0 4
1997-98 República Checa Dominik Hašek Buffalo Sabres 93,2 5
1998-99 República Checa Dominik Hašek Buffalo Sabres 93,7 6

Líderes en porcentaxe de paradas (2007–presente)[editar | editar a fonte]

Tempada Xogador Equipo % paradas Nº vitorias
2007-08 Dan Ellis Nashville Predators 92,4 1
2008-09 Tim Thomas Boston Bruins 93,3 1
2009-10 Finlandia Tuukka Rask Boston Bruins 93,1 1
2010-11 Tim Thomas Boston Bruins 93,8 2
2011-12 Brian Elliott St. Louis Blues 94,0 1
2012-13[nota 2] Craig Anderson[nota 3] Ottawa Senators 94,1 1
2013-14 Josh Harding Minnesota Wild 93,3 1
2014-15 Carey Price Montreal Canadiens 93,3 1

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tempada acurtada polo lockout de 1994–95.
  2. Tempada acurtada polo lockout de 2012-13.
  3. Craig Anderson só xogou 24 partidos na tempada 2012-13, con todo, debido ao lockout o número de partidos necesario foi reducido de 25 a 14.
Referencias
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 National Hockey League, ed. (9 de stembro de 2006). "Canadiens' Cristobal Huet to receive MBNA Roger Crozier Saving Grace Award" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22/09/2006. Consultado o 9 de xuño de 2015. 
  2. Muir, Allan (31 de maio de 2006). Sports Illustrated, ed. "In a class of his own" (en inglés). 
  3. 3,0 3,1 Heika, Mike (19 de marzo de 2000). The Providence Journal, ed. "Around the NHL – Tight-with-a-buck Bruins soured company man Bourque" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2012. Consultado o 09 de xuño de 2015. 
  4. Brehm, Mike (2 de abril de 2003). USA Today, ed. "Answers: Decoding the stats page" (en inglés). Consultado o 9 de xuño de 2015. 
  5. Fischler, Stan; Fischler, Shirley (2003). Andrews McMeel Publishing, ed. Who's Who in Hockey (en inglés). p. 88. ISBN 0-7407-1904-1. 
  6. Caldwell, Dave (14 de xullo de 2005). The New York Times, ed. "N.H.L. and Players Reach Agreement" (en inglés). Consultado o 9 de xuño de 2015. 
  7. The Sports Network (ed.). "Ed Belfour" (en inglés). Archived from the original on 31 de agosto de 2014. Consultado o 9 de xuño de 2015. 
  8. 8,0 8,1 The Sports Network (ed.). "Marty Turco" (en inglés). Archived from the original on 31 de agosto de 2014. Consultado o 9 de xuño de 2015. 
  9. The Sports Network (ed.). "Jose Theodore" (en inglés). Archived from the original on 01 de setembro de 2014. Consultado o 9 de xuño de 2015. 
  10. The Sports Network (ed.). "Dwayne Roloson" (en inglés). Archived from the original on 14 de maio de 2012. Consultado o 9 de xuño de 2015. 
  11. The Sports Network (ed.). "Cristobel Huet" (en inglés). Archived from the original on 31 de agosto de 2014. Consultado o 9 de xuño de 2015. 
  12. The Sports Network (ed.). "Niklas Bäckström" (en inglés). Archived from the original on 16 de marzo de 2012. Consultado o 9 de xuño de 2015. 
  13. Klein, Jeff Z.; Serviss, Lew (13 de abril de 2008). The New York Times, ed. "Leetch Weighs Changes to Defenseman’s Game" (en inglés). Consultado o 9 de xuño de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]