Deathrock

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Deathrock
Orixes do estilo: punk rock, rock gótico, post-punk, glam rock, acid rock, música de películas de terror
Orixes culturais: finais do 70 en Los Angeles
Instrumentos típicos: voces, guitarra, baixo, batería, sintetizadores
Popularidade: underground; algún éxito nas listas nos 80
Derivados: dark cabaret

Deathrock ou deathpunk é un termo usado para referirse a un subxénero do punk rock que incorpora elementos de terror e con atmosferas espeluznantes, que apareceu na costa oeste dos Estados Unidos cara o ano 1979.

Características[editar | editar a fonte]

As cancións deathrock usan acordes sinxelos, guitarras con eco, un baixo moi presente, baterías repetitivas, ritmos post-punk e tribais con tempos 4/4. As bandas do xénero adoitan a crear atmosferas con guitarras chirriantes, sintetizadores espeluznantes ou sinistros, e experimentan con outro tipo de instrumentación. As letras poden variar, pero soen ser introspectivas e surrealistas, e tratan temas escuros como o illamento, desilusión, perda, depresión, vida ou morte. As letras do deathrock o os outros elementos estilísticos adoitan a incorporar temas de películas de terror e ciencia-ficción, que á súa vez leva a a moitos grupos a adoptar elementos do rockabilly e o surf rock.

A pesar de ter un nome semellante, o deathrock non ten conexión co death metal (ademais de temas líricos en ocasións semellantes), que é un subxénero extremo do heavy metal. Porén, bandas como The Birthday Party influenciaron en estilos vocais usados polos segundos.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O termo "death rock" foi usado por vez primeira nos anos 50 para describir un xénero temático relacionado co rock and roll que comezou en 1958 con tema de Jody Reynolds "Endless Sleep" e rematou en 1964 con "Last Kiss" de J. Frank Wilson". Estas cancións sobre adolescentes mortos destacaron pola súa visión romántica e morbosa da morte, polas súas pontes con voces faladas e os seus efectos de son. O tema de The Shangri-Las "Leader of the Pack" é posiblemente o mellor exemplo deses anos do uso do termo.

O uso de "deathrock" re-emerxeu 15 anos despois no ano 1979 para describir o son de varios grupos da costa oeste estadounidense. O termo chegou de tres fontes istintas: Rozz Williams, membro fundador de Christian Death, para describir o son da súa banda; a prensa musical, reusando o termo dos 50 para describir un emerxente subxénero do punk rock; e/ou a película de Nick Zedd de 1979 They Eat Scum, na que aparecía unha banda ficticia de "death rock" chamada "Suzy Putrid and the Mental Deficients".