Rododendro arbóreo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Rhododendron arboreum»)

Rhododendron arboreum, o rododendro arbóreo[2], tamén coñecido coma burans ou gurans, é un arbusto ou arboriña perenne cunhas flores vermellas brillantes e rechamangueiras. Medra en Bután, China, India, Mianmar, Nepal, Sri Lanka e Tailandia. O Rhododendron arboreum é a flor nacional do Nepal e a árbore estatal de Uttarakhand&Himachal Pradesh.

Descrición[editar | editar a fonte]

O seu nome científico significa "con tendencia lígnea ou a medrar de xeito arbóreo". Coñécese que pode acadar os 20 m de altura,[3] con todo acostuma roldar os 12 m (36 ft) x 12 m (36 ft). Esta especie ten o Récord Guinness do rododendro maior do mundo.

A comezos e mediados da primavera, agroman acios de 15-20 flores con forma de campá, de 5 cm (2 in) de largo e 3–5 cm (1.25–2 in) de longo de cores vermellas, rosas ou brancas. Teñen bolsas de néctar negras e manchas negras no interior.

Cultivo[editar | editar a fonte]

Prefire solos acedos ricos en humus, húmidos mais ben drenados, e semisombra; condicións doadas de atopar en Galiza. Ten follas anchas verdes escuras de 7–19 cm (3–7 in) de longo, co envés aveludado prateado ou acastañado.

É unha planta axeitada para xardíns boscosos, fragas e arboredos.

Cómpre abeirar as plantas con sebes cortaventos para evitar danos nas follas.

Variantes[editar | editar a fonte]

Rhododendron arboreum de Fyson[4]
  • Rhododendron arboreum subsp. cinnamomeum ten follas co envés de peluxe de cor castaña canela.
  • Rhododendron arboreum subsp. zeylanicum especie rara das terras altas de Sri Lanka, chamada despois Ceilán, nome usado polos comerciantes árabes para se referir a Sri Lanka.
  • Rhododendron arboreum subsp. cinnamomeum var. album ten flores brancas con tacas pequeniñas encarnadas na superficie interior dos pétalos.
  • Rhododendron arboreum subsp. delavayi con flores vermellas.
  • Rhododendron arboreum Sm. subsp. nilagiricum (Zenker) Tagg atópase en Tamil Nadu, India.[5]

Ameazas[editar | editar a fonte]

Os rododendros son susceptíbeis ao caruncho da vide (Curculionoidea), ás moscas brancas de rododendros e azaleas, ás cigarriñas (Cicadellidae), aos tínxidos[6] (Tingidae), aos insectos escama (Coccoidea), eirugas, pulgóns ou piollos das plantas, oídio, fungos do mel (Armillaria), ferruxes (Pucciniales), bugallos das follas, petal blight (fungos de diferentes xéneros), (Chondrostereum purpureum), Phytophthora cactorum e clorose inducida polo cal.[7]

Exemplar senlleiro en Galiza[editar | editar a fonte]

O rododendro arbóreo de Serantellos, Cambados (Pontevedra) figura no Catálogo de Árbores Senlleiras elaborado pola Xunta de Galicia.

En Sri Lanka[editar | editar a fonte]

A planta coñécese coma Maha ratmal, Maha Rath Mal, Asela mal en Sinhala. O nome en lingua cingalesa "rathmal" é maiormente usado polos Ixoras, que non están nesta familia. Porén, os rododendros non son plantas comúns en Sri Lanka, e o nome local asistemático semella ser "Maha-rathmal", i.e., "Big-Ixora", aplicado a variedades máis pequenas que sona coma azaleas ornamentais. De aí o nome "asela-mal", probabelmente adaptado de "Azelia" polos hosrticultores, podería ser máis axeitado. Prefire climas fríos e secos que son os máis comúns na meirande parte da illa de Sri Lanka.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Source: RBG, Edinburgh
  2. O nome vulgar é unha mera tradución do nome latino científico que tamén é usado por outras linguas, mais que non aparece en dicionario galego ningún, polo que se dá preferencia polo de agora ao nome científico no artigo
  3. "Tree rhododendrons". Richard Francis. Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2008. Consultado o 2008-07-29. 
  4. P. F. Fyson, B.A., Indian Educational Service, F.L.S. Professor of Botany, Presidency College, Madras. (1915). The flora of the Niligiri and Pulney Hill-Tops (Above 6,500 Feet), Being the Wild and Commoner Introduced Flowering Plants Round the Hill-Stations of Kodaikanal, Ootacamund, Kotagiri and Kodaikanal, with 286 full page illustrations and 4 maps II. Madras: Superintendent, Government Press. p. 179. 
  5. Chamberlain, D. F. 1982. A revision of Rhododendron II. Subgenus Hymenanthes. Notes Roy. Bot. Gard. Edinburgh 39:331.Rhododendron arboreum Sm. subsp. nilagiricum (Zenker) Tagg Arquivado 03 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine.
  6. Gran dicionario Xerais da lingua galega. Vigo, Xerais, 2009
  7. The Royal Horticultural Society (2008) RHS Garden Hyde Hall Plant of the month: April, recuperado 2/19/2008 Gardens Arquivado 20 de novembro de 2005 en Wayback Machine.