Revolución sen sangue

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Revolución sen sangue
Ficha técnica
Título orixinalRevolução sem sangue
DirectorRui Pedro Sousa
GuiónRui Pedro Sousa
Amp Rodriguez
IntérpretesHelena Caldeira
Diogo Fernandes
Rafael Paes
Rui Pedro Sousa
Dinarte de Freitas
EstudioFilmesdamente
Station Productions
EstreaPortugal 11 de abril de 2024
Galicia 25 de abril de 2024 (TVG)
Duración103 minutos
OrixePortugal Portugal
Na rede
IMDB: tt18253426 Editar o valor em Wikidata

Revolución sen sangue (en portugués: Revolução sem sangue) é un filme portugués de 2024 dirixido por Rui Pedro Sousa. O filme, que é o debut como director de Sousa,[1] estreouse o 11 de abril de 2024 en Portugal,[2] facéndoo cadrar co 50º aniversario da Revolución dos Caraveis, a cal se mostra no filme.[3] Malia que esta revolución se considera en gran parte "sen sangue", o filme céntrase en catro[N 1] persoas que foron asasinadas durante estes eventos.[4] É por iso que o título, que se mostra como Revolução sem sangue nos créditos iniciais aparece estilizado Revolução sem sangue[5] nos créditos finais (que tamén apareceu como Revolução (sem) sangue nalgúns medios de comunicación).[6] O filme baséase en feitos reais que tiveron lugar entre o 24 e o 26 de abril de 1974 en Lisboa.[7]

Estreouse en galego o 25 de abril de 2024 a través da TVG,[8] cadrando co día que se produciu a Revolución dos Caraveis. Tamén estivo dispoñible só por ese día na plataforma dixital AGalega.[9]

Sinopse[editar | editar a fonte]

João Arruda é un estudante dos Azores na Universidade de Lisboa e está interesado no marxismo e a filosofía política. Fernando Giesteira traballa de camareiro coa esperanza de estudar despois. Fernando Reis é un soldado que chega a Lisboa por uns días. O camiño dos tres mozos, esperando máis liberdade no país, lévaos diante da sede da Polícia Internacional e de Defensa do Estado (PIDE), en Lisboa, o día 25 de abril de 1974. Alí, António Lage traballa como funcionario, pero os seus escrúpulos vólvense insoportables ao presenciar a tortura dunha moza (Inês) e decide abandonar o seu posto. Mentres a radio informa de que na cidade se está a producir unha concentración crecente da poboación apoiada polo exército, o director da PIDE decide queimar documentos comprometedores e deixar que Inês sexa liberada pola mañá. Pero pola noite volve entre a multitude, acompañada da súa filla pequena, para sumarse ás manifestacións e berrar a súa rabia ante a sede da PIDE. Dende as fiestras do edificio, a PIDE comeza a disparar contra a multitude. Inês é alcanzada por unha bala pero Fernando Reis consegue arrastrala inconsciente fóra do campo de tiros. João Arruda e Fernando Giesteira son fusilados, mentres que Fernando Reis recibe un disparo accidental por outro soldado mentres intentaba atrapar a Lage, que se rendera pero tamén recibe un disparo mentres está fuxindo. Morren os catro homes; o destino de Inês non está claro.

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • Lucas Dutra como Fernando Giesteira
  • Rafael Paes como João Arruda
  • Diogo Fernandes como Fernando Reis
  • Manuel Nabais como António Lage
  • Teresa Vieira como Inês
  • Helena Caldeira como Rita, moza de Fernando Giesteira

Produción[editar | editar a fonte]

A rodaxe do filme produciuse en Lisboa.[1][10] Produciuse coa axuda de familiares das vítimas.[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O número oficial de vítimas é 5.

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 ""Revolução (Sem) Sangue" lembra os cinco mortos no 25 de Abril". SIC Notícias (en portugués). 2024-04-12. Consultado o 2024-04-14. 
  2. ""Revolução (sem) Sangue": chega aos cinemas o filme sobre os mortos no 25 de abril". RTP Cinemax (en portugués). Consultado o 2024-04-14. 
  3. Antunes, André Filipe. "Cravos, sangue e uma “saraivada de tiros”: o cinema e a televisão contam a história dos mortos do 25 de Abril". Observador (en portugués). Consultado o 2024-04-15. 
  4. "'Revolução (Sem) Sangue': Filme conta história menos conhecida dos mortos do 25 de Abril". www.cmjornal.pt (en portugués). Consultado o 2024-04-15. 
  5. Lusa, Agência. "Estreia hoje nos cinemas filme sobre os que morreram na Revolução de 74". DNOTICIAS.PT (en portugués). Consultado o 2024-04-17. 
  6. "Caras | Famosos reúnem-se na antestreia do filme "Revolução (Sem) Sangue"". Caras (en portugués). 2024-04-17. Consultado o 2024-04-17. 
  7. Renascença (2024-04-04). "Revolução (sem) Sangue". Rádio Renascença (en portugués). Consultado o 2024-04-14. 
  8. @AntRubal (ed.). "Revolución sen sangue en galego na TVG". Consultado o 27 de abril de 2024. 
  9. @TVGalicia (ed.). "Revolución sen sangue en galego en AGalega". Consultado o 27 de abril de 2024. 
  10. "Visão | 25 Abril/50 anos: Filme vai contar história dos que morreram na revolução". Visão (en portugués). 2023-10-07. Consultado o 2024-04-15. 
  11. Portugal, Rádio e Televisão de (2024-04-13). ""Revolução sem sangue". Filme relata morte de jovens no 25 de Abril". "Revolução sem sangue". Filme relata morte de jovens no 25 de Abril (en portugués). Consultado o 2024-04-14. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]