Reserva india

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa das reservas dos Estados Unidos.

Unha reserva india é unha área de terra controlada por unha tribo nativo americana baixo o control do Bureau of Indian Affairs do Departamento de Interior Americano. Hai arredor de 310 reservas indias nos Estados Unidos, o que significa que non tódalas tribos recoñecidas (máis de 550) teñen a súa propia reserva. Algunhas tribos teñen máis dunha reserva, outras teñen unha compartida e outras non teñen ningunha. Ademais, debido ás adxudicacións do pasado que daban terras a non indios, algunhas reservas están moi fragmentadas, sendo enclaves illados. Este cúmulo de factores crean dificultades administrativas, políticas e legais para as comunidades indias.[1]

A súa área total xeográfica é de 22.540.000 hectáreas, o cal representa o 2,3% da área total dos Estados Unidos (962.909.099,6 ha). Doce reservas indias son meirandes que o estado de Rhode Island que abrangue 314.425 hectáreas, e nove delas son meirandes que o estado de Delaware (32.761 ha). O territorio da Nación Navajo é semellante en tamaño a Virxinia Occidental. As reservas están desigualmente espalladas por todo o país, a maioría ó oeste do Río Mississippi.[2]

Debido a que as tribos teñen certa soberanía, as leis varían dunhas terras a outras.[3] Esas leis poden permitir o xogo legal en casinos para atraer turistas. O consello tribal, e non o goberno federal, é o que ten xeralmente a xurisdicción nas reservas. Moitas reservas establecéronse polo goberno federal, mais unhas poucas, principalmente no leste, teñen a súa orixe no recoñecemento do estado.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sutton, 199.
  2. Kinney, 1937; Sutton,1975
  3. Davies & Clow; Sutton 1991.
  4. For general data, see Tiller (1996).