República Socialista Checoslovaca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Československá socialistická republika
República Socialista Checoslovaca

1960–1989
Bandeira Escudo
Lema: Pravda vítězí
(A verdade prevalece)
Himno: Kde domov můj e Nad Tatrou sa blýska
Capital Praga
Lingua Checo, eslovaco
Goberno Marxista-leninista, Estado de partido único
República federal
Presidente
 • 1948–1953 (primeiro) Klement Gottwald
 • 1975–1989 (último) Gustáv Husák
Secretario Xeral
 • 1948-1953 (primeiro) Klement Gottwald
 • 1989 (último) Karel Urbánek
Período histórico Guerra Fría
 • Establecido 1960
 • Constitución 11 de xullo de 1960
 • Establecemento da República Federal Checa e Eslovaca 1989
Superficie
 • 1992 127.900 km²
Poboación
 • 1992 est. 15.600.000 
     Densidade 122/km²
Moeda Corona Checoslovaca
Czechoslovakia.png

A República Socialista Checoslovaca foi o nome oficial de Checoslovaquia entre 1960 a finais de 1989, pouco despois da Revolución de Veludo), era un estado satélite da Unión Soviética que formaba parte do Bloque do leste.[1]

Tras o Golpe de estado de 1948, que supuxo a toma do poder polo Partido Comunista de Checoslovaquia co apoio da URSS, o país declarouse unha república popular logo que a Constitución do Nove de Maio entrara en vigor. O nome tradicional Československá republika (República Checoslovaca) mudouse o 11 de xullo de 1960 que a Constitución de Checoslovaquia de 1960 se tornara oficial, como un símbolo da "vitoria final do socialismo" no país, e permaneceu así ata a Revolución de Veludo. O país era membro do Pacto de Varsovia e do Consello de Axuda Mutua Económica

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rao, B. V. (2006), History of Modern Europe Ad 1789-2002: A.D. 1789-2002, Sterling Publishers Pvt. Ltd.