Marcel Gotlib

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Marcel Gotlib, ou simplemente Gotlib, seudónimo do historietista francés Marcel Gotlieb, nado en París en 1934.

Gotlib é fillo de emigrantes xudeus húngaros. Pasou parte da súa infancia nun orfanato e comezou a debuxar na adolescencia. Estudiou debuxo publicitario na escola de Artes e Oficios da capital francesa, e en 1959 publicou os seus primeiros traballos como ilustrador. Traballou nas revistas Record e Pilote, e foi cofundador de L'Écho des Savanes (con Nikita Mandryka e Claire Bretécher) e da importante Fluide Glacial. En 1991 recibeu o gran premio do Festival de Banda Deseñada de Angoulême. É un dos historietistas europeos de maior renome. O seu personaxe máis coñecido é Gai-Luron, e tamén son célebres as suas historietas curtas, agrupadas na serie Rubrique-à-Brac.

Gotlib fai un cómic provocador, de carácter humorístico, cun debuxo detallista que descompón e amplifica os movementos dos protagonistas (o que deu en chamarse "debuxo excesivo").

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]