Red Joan
Red Joan | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Red Joan |
Director | Trevor Nunn |
Produtor | David Parfitt |
Guión | Lindsay Shapero |
Intérpretes | |
Música | George Fenton |
Fotografía | Zac Nicholson |
Montaxe | Kristina Hetherington |
Estudio |
|
Distribuidora | Lionsgate |
Estrea | 2018 |
Duración | 101 minutos |
Orixe | Reino Unido |
Xénero | Drama |
Recadación | 9,8 $ millóns[1][2] |
Na rede | |
Red Joan é unha película británica de drama e espías, dirixida por Trevor Nunn, a partir dun guión de Lindsay Shapero. A película é protagonizada por Stephen Campbell Moore, Sophie Cookson, Tom Hughes, Ben Miles, Nina Sosanya, Tereza Srbova e Judi Dench.
Red Joan tivo a súa estrea mundial no Festival Internacional de Cinema de Toronto o 7 de setembro de 2018. Foi estreada o 19 de abril de 2019 por Lionsgate no Reino Unido.
Sinopse[editar | editar a fonte]
Red Joan baséase nunha novela do mesmo nome escrita por Jennie Rooney, inspirada na vida de Melita Norwood.[3] Norwood traballou como secretaria na Asociación Británica de Investigación de Metais Non Ferrosos e forneceu á Unión Soviética segredos, cos cales os soviéticos desenvolveron tecnoloxía de bombas nucleares.[4][5]
Joan Stanley é unha moza que estuda física na Universidade de Cambridge, pero que ao coñecer a Sonya (Tereza Srbova) e Leo (Tom Hughes) involúcrase coas ideas comunistas.[6] A súa historia, que se remonta a 1938, lémbrase en flashbacks cando Joan na vellez é interrogada pola Special Branch.[7]
Elenco[editar | editar a fonte]
- Judi Dench como Joan Stanley.
- Sophie Cookson como Joan Stanley de nova.
- Tom Hughes como Leo Galich.
- Tereza Srbova como Sonya.
- Stephen Campbell Moore como Max.
- Ben Miles como Nick.
- Laurence Spellman como Patrick Adams.
- Stephen Boxer como Peter Kierl.
- Freddie Gaminara como William Mitchell.
- Robin Soans como Clement Attlee.
- Kevin Fuller como o detective Philips.
- Simon Ludders como capitán da nave.
- Ciarán Owens como o detective Hughes.
- Irfan Shamji como xornalista.
- Adrian Wheeler como Heckler no Rally.
- Steven Hillman como garda da prisión.
- James Yeates como reporteiro.
- Connor Wolf como estudante.
- Phill Langhorne como oficial uniformado.
Produción[editar | editar a fonte]
A película é protagonizada por Judi Dench e Sophie Cookson, e é dirixida por Trevor Nunn.[8] David Parfitt é o produtor, e o guión é de Lindsay Shapero.[9]
Estrea[editar | editar a fonte]
A película tivo a súa estrea mundial no Festival Internacional de Cine de Toronto o 7 de setembro de 2018.[10] Pouco despois, IFC Films adquiriu os dereitos de distribución da película nos Estados Unidos.[11] Foi estreada nos Estados Unidos e no Reino Unido o 19 de abril de 2019.[12][13]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Red Joan (2018)". The Numbers. Nash Information Services, LLC. Consultado o 11 de agosto de 2019.
- ↑ "Red Joan (2018)". Box Office Mojo. IMDb. Consultado o 16 de xuño de 2019.
- ↑ Grater2017-09-07T11:00:00+01:00, Tom. "Judi Dench, Sophie Cookson to star in Trevor Nunn's 'Red Joan' (exclusive)" (en inglés). Consultado o 17 de setembro de 2020.
- ↑ "'Red Joan' explores real-life spy's recruitment, life and dilemma" (en inglés). Consultado o 17 de setembro de 2020.
- ↑ April 22, Mick LaSalle. "Review: Judi Dench shows range in ‘Red Joan,’ portraying a complete idiot" (en inglés). Consultado o 26 de outubro de 2019.
- ↑ Catsoulis, Jeannette (18 de abril de 2019). "‘Red Joan’ Review: I Spy, Reluctantly". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 17 de setembro de 2020.
- ↑ Bradshaw, Peter (17 de abril de 2019). "Red Joan review – Judi Dench underused in brittle defector drama". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 17 de setembro de 2020.
- ↑ "Judi Dench, Sophie Cookson to star in Trevor Nunn's 'Red Joan' (exclusive)". Consultado o 17 de setembro de 2020.
- ↑ "AFM: Judi Dench's 'Red Joan' Biopic Sells Internationally (Exclusive)". Consultado o 17 de setembro de 2020.
- ↑ "Toronto: Timothee Chalamet Starrer 'Beautiful Boy,' Dan Fogelman's 'Life Itself' Among Festival Lineup" (en inglés). Consultado o 17 de setembro de 2020.
- ↑ Keslassy, Elsa (14 de setembro de 2018). "Judi Dench’s Spy Thriller ‘Red Joan’ Lands at IFC Films (EXCLUSIVE)". Consultado o 17 de setembro de 2020.
- ↑ Billington, Alex (16 de xaneiro de 2019). "Sophie Cookson & Judi Dench in First Trailer for Spy Drama 'Red Joan'". Consultado o 17 de setembro de 2020.
- ↑ "Red Joan". Consultado o 17 de setembro de 2020.