Reactancia
Na electrónica, denomínase reactancia a oposición ofrecida por indutores (bobinas) e condensadores ao paso da corrente alterna, medíndose o seu valor en ohmios. Canda a resistencia eléctrica determinan a magnitude da impedancia total dun compoñente ou circuíto, de tal xeito que a reactancia (X) é a parte imaxinaria da impedancia (Z) e a resistencia (R) é a parte real, segundo a igualdade:
Índice |
Tipos de reactancias [editar]
Cando circula corrente alterna por algún destes dous elementos que posúen reactancia, a enerxía é alternativamente almacenada e liberada en forma de campo magnético, no caso das bobinas, ou de campo eléctrico, no caso dos condensadores. Isto produce un adianto ou atraso entre a onda de corrente e a onda de tensión. Este desfase fai diminuír a potencia entregada a unha carga resistiva conectada logo da reactancia sen consumir enerxía.
Se se realiza unha representación vectorial da reactancia indutiva e da capacitiva, os vectores que a constitúen deberíanse debuxar en sentido oposto e sobre o eixo imaxinario, xa que as impedancias calcúlanse como
e
respectivamente.
Non obstante, as bobinas e condensadores na realidade presentan unha resistencia asociada, que no caso das bobinas considérase en serie co elemento, e no caso dos condensadores en paralelo. Neses casos, e como xa se indicou arriba, a impedancia (Z) total é a suma vectorial da resistencia (R) e a reactancia (X).
É dicir, en fórmulas:
onde
- j é a unidade imaxinaria
é a reactancia en Ohm.
W é a frecuencia angular á cal está sometido o elemento, e L e C os valores de indutancia e capacitancia respectivamente.
Dependendo do valor da enerxía e a reactancia dise que o circuíto presenta:
- Se
, reactancia indutiva 
- Se
, non hai reactancia e a impedancia é puramente resistiva 
- Se
, reactancia capacitiva 
Reactancia capacitiva [editar]
A reactancia capacitiva represéntase por
e o seu valor vén dado pola fórmula:
na que:
= Reactancia capacitiva en ohmios
= Capacitancia en faradios
= Frecuencia en hercios
= Frecuencia angular
Reactancia indutiva [editar]
A reactancia inductiva represéntase por
e o seu valor vén dado por:
na que:
= Reactancia indutiva en ohmios
= Indutancia en henrios
= Frecuencia en hercios
= Frecuencia angular
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Tutorial interactivo en Java sobre a reactancia indutiva National High Magnetic Field Laboratory. (en inglés)


é a reactancia en Ohm.
, reactancia indutiva 
, non hai reactancia e a impedancia é puramente resistiva 
, reactancia capacitiva 

