Henry
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un henrio ou henry é a unidade do Sistema Internacional de Unidades da indutancia eléctrica, nome dado en homenaxe ao científico estadounidense Joseph Henry (1797-1878), que realizou importantes avances no eido do electromagnetismo, especialmente o descubrimento da autoindución. O seu símbolo é H.
Cando a taxa de variación da corrente eléctrica nun circuíto pechado é de un ampere por segundo (1A/s) e a forza electromotriz resultante é de un volt (1V), a indutancia do circuíto é de un henrio (1H).
Ten como dimensión
en unidades SI.
Múltiplos [editar]
| Múltiplo | Nome | Símbolo | Múltiplo | Nome | Símbolo | |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 100 | henry | H | ||||
| 101 | decahenry | daH | 10–1 | decihenry | dH | |
| 102 | hectohenry | hH | 10–2 | centihenry | cH | |
| 103 | quilohenry | kH | 10–3 | milihenry | mH | |
| 106 | megahenry | MH | 10–6 | microhenry | µH | |
| 109 | gigahenry | GH | 10–9 | nanohenry | nH | |
| 1012 | terahenry | TH | 10–12 | picohenry | pH | |
| 1015 | petahenry | PH | 10–15 | femtohenry | fH | |
| 1018 | exahenry | EH | 10–18 | attohenry | aH | |
| 1021 | zettahenry | ZH | 10–21 | zeptohenry | zH | |
| 1024 | yottahenry | YH | 10–24 | yoctohenry | yH |