Ramón Muntxaraz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ramom Muntxaraz»)
Infotaula de personaRamón Muntxaraz
Biografía
Nacemento1947 Editar o valor em Wikidata
Toledo, España Editar o valor em Wikidata
Morte29 de xuño de 2008 Editar o valor em Wikidata (60/61 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpsiquiatra Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

Ramón Muntxaraz Muntxaraz, nado en Toledo en 1947 e finado en Compostela o 29 de xuño de 2008, foi un psiquiatra residente en Galiza.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Chegou a Galiza a finais dos anos setenta, traballou en Valdeorras, onde montou a agrupación cultural Aluvión. Conseguiu unha praza no Hospital Psiquiátrico de Conxo, onde formou a asociación "Gaiola" para a defensa dos dereitos dos enfermos mentais.

Militou en diversas organizacións vencelladas á esquerda independentista galega. Primeiro na Unión do Povo Galego, participando en 1982 na fundación do Bloque Nacionalista Galego. En 1986 participou na creación do Partido Comunista de Liberación Nacional, unha das organizacións que dous anos despois daría lugar á Fronte Popular Galega. Despois pasou a formar parte da Assembleia do Povo Unido, ata a súa disolución a mediados dos anos 90. Ata a súa morte, aínda que xa non militaba en ningunha formación, seguiu a colaborar en plataformas como Causa Galiza.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Pilar Martínez Otero.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]