Ramiro Varela Peón
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de xullo de 1956 (67 anos) Artoño, España |
Alcalde | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Agolada |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Ramiro Varela Peón, nado en Artoño (Agolada) o 23 de xullo de 1956, é un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
O seu sogro, Manuel Costa Casares, foi o anterior alcalde de Agolada e o primeiro da democracia. Varela foi tamén presidente do Consorcio para o Servizo Contraincendios e Salvamento das comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes.
Varela entrou no consistorio como porteiro, ascendeu a auxiliar administrativo e máis adiante xuíz de paz e responsable da brigada de Protección Civil. Varela participou dende 1991 na lista do Partido Popular como suplente, posto que repetiu ata 1999. En 2003 foi o número 11 (o último da lista de candidatos). Trala dimisión do seu sogro como alcalde en novembro de 2005 accedenu á alcaldía trala renuncia doutros tres candidatos da lista do PPdeG local, o que posibilitou que Varela pasase do posto 11 ó 7 e puidese ser elixido edil.[1] Encabezou a candidatura do PPdeG en 2007 e foi reelixido alcalde con maioría absoluta, ó igual que en 2011 e 2015. En setembro de 2016 tomou posesión como deputado provincial trala renuncia de Xosé Crespo. En 2019 perdeu a alcaldía en favor do candidato do Partido Anticorrupción y Justicia Luís Calvo Miguélez, o cal logrou a maioría absoluta.
Predecesor: Manuel Costa Casares |
Alcalde de Agolada 2005 - 2019 |
Sucesor: Luís Calvo Miguélez |
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Está casado e ten dúas fillas.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Un último pitillo como alcalde. www.farodevigo.es, sen data. (en castelán)