Ramón de la Fuente Galván

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRamón de la Fuente Galván
Biografía
Nacemento1929 Editar o valor em Wikidata
Xinzo de Limia, España Editar o valor em Wikidata
Morte31 de outubro de 2021 Editar o valor em Wikidata (91/92 anos)
Xinzo de Limia, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Xinzo de Limia
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico , político Editar o valor em Wikidata

Ramón de la Fuente Galván, nado en Xinzo de Limia en 1929 e finado na mesma cidade o 31 de outubro de 2021, foi un médico, directivo deportivo e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Médico nos Blancos[1], foi elixido concelleiro en Xinzo de Limia en 1971[2] durante o franquismo, posto que mantivo ata as primeiras eleccións municipais democráticas, onde foi escollido tamén, pero nas listas de Alianza Popular. Despois de abandonar temporalmente a política en 1983, regresou como candidato nas listas do Partido Popular nos comicios de 1991, e revalidou o cargo en 1995.

A finais de 1997 foi inhabilitado o alcalde da vila, Isaac Vila, e De la Fuente foi elixido alcalde en xaneiro de 1998 co apoio do PSdeG-PSOE e do BNG, e en contra do que opinaba o seu propio partido[3]. En 1999, ao ano seguinte, abandonou a alcaldía.

Foi presidente do club de fútbol local, o Antela FC, e tamén do Casino de Xinzo.


Predecesor:
Isaac Vila
 
Alcalde de Xinzo de Limia
 
1998 - 1999
Sucesor:
Gonzalo Iglesias Sueiro

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou, enviuvou e tivo fillos. Unha filla morreulle en accidente de coche[4].


Notas[editar | editar a fonte]

  1. De la Fuente, S. (2013-04-10). "Tributo a la "medicina olvidada"". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2021-11-01. 
  2. Palomanes, Paula (2021-10-31). "Fallece Ramón de la Fuente, médico, político y exalcalde de Xinzo". La Región (en castelán). Consultado o 2021-11-01. 
  3. "Ramón de la Fuente, nuevo alcalde de Xinzo". La Voz de Galicia (en castelán). 2018-01-21. Consultado o 2021-11-01. 
  4. Sueiro, Gonzalo (2021-10-31). "Obituario. Ha muerto un caballero". La Región (en castelán). Consultado o 2021-11-01.