Ramón Lois Ordóñez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRamón Lois Ordóñez
Biografía
Nacemento(es) Ramón Antonio Lois Ordóñez Editar o valor em Wikidata
1946 Editar o valor em Wikidata
Ponteceso, España Editar o valor em Wikidata
Morte9 de xaneiro de 2020 Editar o valor em Wikidata (73/74 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Zas
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido dos Socialistas de Galicia
Unión de Centro Democrático Editar o valor em Wikidata

Ramón Antonio Lois Ordóñez, nado en Ponteceso en 1946 e finado na Coruña o 9 de xaneiro de 2020, foi un mestre e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi mestre e director do colexio de Zas. Neste municipio foi elixido concelleiro pola UCD tralas eleccións municipais de 1979, formación que quedou a tan só un concelleiro de lograla alcaldía. Nas municipais de 1983 encabezou a Candidatura Democrática Independente e foi elixido alcalde con maioría absoluta, derrotando así ó anterior rexedor Antonio Cortizo Cortizo, o cal se presentara por AP. Nas municipais de 1987 encabezou a CPG e foi reelixido con maioría absoluta. Foi un dos alcaldes desta formación que respaldou o apoio de 3 dos seus deputados á moción de censura presentada na Deputación da Coruña polo socialista Salvador Fernández Moreda contra José Manuel Romay Beccaría. Decidiu non presentarse á reelección nas municipais de 1991, retirándose da primeira liña política, pero colaborando coa candidatura do PSdeG-PSOE e pasando a formar parte deste partido en 1993[1], se ben sempre en segunda liña.


Predecesor:
Antonio Cortizo Cortizo
 
Alcalde de Zas
 
1983 - 1991
Sucesor:
Julio Díaz Rellán

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nova en La Voz de Galicia Carballo, 25-8-1993 p.31

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]