Ramón Bustelo González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ramón Bustelo y González»)
Infotaula de personaRamón Bustelo González
Biografía
Nacemento9 de marzo de 1868 Editar o valor em Wikidata
Ribadeo, España Editar o valor em Wikidata
Morte1942 Editar o valor em Wikidata (73/74 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Liberal Fusionista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosFrancisco Bustelo Vázquez Editar o valor em Wikidata
ParentesLeopoldo Calvo Sotelo Bustelo (neto) Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Bustelo-5

Ramón Bustelo González, nado en Ribadeo o 9 de marzo de 1868 e finado en 1942, foi un financeiro e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de José Bustelo e de Brígida González Santamarina, herdeiro da Banca Martínez Bengoechea, que pasou a ser coñecida como Banca Bustelo. Membro do Partido Liberal afín a Segismundo Moret, foi deputado provincial e elixido deputado a Cortes por Ribadeo nas eleccións de 1901. Volveu ser elixido en 1903, 1905, 1910, 1914, 1916, 1918, 1919, 1920 e 1923. Foi senador pola provincia de Lugo na lexislatura 1907-1908. Foi subsecretario de Abastecementos.

Foi presidente do Club Deportivo Ribadense en 1913.[1]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Rosario Vázquez Gómez, irmá de Adolfo Vázquez Gómez, foi pai de Francisco, Ramón e Mercedes Bustelo Vázquez, que casou con Leopoldo Calvo Sotelo, e avó materno de Leopoldo Calvo Sotelo Bustelo.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Sucinta biografía del pintor Amando Suárez Couto". Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2012. Consultado o 25 de agosto de 2012. 
  2. Genealogía de don Leopoldo Calvo-Sotelo y Bustelo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]