Rally de Ferrol de 1989

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rally de Ferrol de 1989
CategoríaGalicia Galicia
OrganizadorEscudería Ferrol
ÁmbitoRexional
SuperficieAsfalto
Gañadores
Piloto campiónGalicia Carlos Piñeiro
Participantes
Pilotos35
AnteriorRally de Ferrol de 1988
SeguinteRally de Ferrol de 1990

O Rally de Ferrol de 1989 foi a 20ª edición de dito rally e a última proba da tempada 1989 do Campionato de Galicia de Rally.

Celebrouse entre o 2 e o 3 de novembro de 1989 e os vencedores foron Carlos Piñeiro e o seu copiloto Julio Orozco, a bordo dun Ford Sierra Cosworth.[1] O noiés Arturo Rial proclamouse campión galego tras o abandono de Germán Castrillón.

Itinerario[editar | editar a fonte]

O rally dividiuse en dúas etapas, unha o sábado 2 e outra o domingo 3 de novembro. Na primeira delas déronse tres pasadas polos treitos de Ferreira-Recemel (13,6 km) e Cerdido (7,9 km), mentres que a segunda etapa consistiu en dúas pasadas polos treitos de Doroña (7,5 km) e Vilamateo (7 km).[2]

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

O Ford Sierra Cosworth de Carlos Piñeiro e Julio Orozco colocouse líder xa dende o inicio e foi aumentando a diferenza con Marc Etchebers e Humberto González, con idéntico coche. Por detrás deles fóronse alternando na terceira praza Germán Castrillón, Manuel Senra e Arturo Rial, sendo este último o que conseguiu o terceiro posto final, despois de que Castrillón abandonase por problemas co cambio e Senra queimase a xunta da culata perdendo moito tempo e chegando finalmente quinto por detrás de José Montero. Deste xeito Rial proclamouse campión galego por primeira vez, e Senra gañou a Copa Renault.[1]

Clasificación[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Copiloto Automóbil Tempo
1 Galicia Carlos Piñeiro Galicia Julio Orozco Ford Sierra Cosworth 59:08
2 Francia Marc Etchebers Galicia Humberto González Ford Sierra Cosworth 59:34
3 Galicia Arturo Rial Galicia Lalo Blanco Citroën AX Sport 1h01:42
4 Galicia José Montero Galicia Eladio Anllo Lancia Delta Integrale 1h02:27
5 Galicia Manuel Senra Galicia José Maceiras Renault 5 GT Turbo 1h03:24
6 España Javier Arias España Jaime Martínez Opel Manta GTE 1h03:26
7 Galicia Miguel Dopico Galicia Roberto Lorenzo Peugeot 205 Rallye 1h03:30
8 Galicia José María Banga Galicia Modesto González Citroën AX Sport
9 Galicia López Castrillón Galicia José Valcárcel Renault 5 GT Turbo
10 Galicia José Carlos Alonso Galicia Rubén Comesaña Citroën AX Sport
12 Galicia Javier Bollo Opel Corsa GSI
Abandonos
- Galicia Germán Castrillón Galicia Estrella Castrillón Renault 5 GT Turbo -
- Galicia Carlos Táboas Citroën AX Sport -
- Galicia Miguel Fontao -


Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Arévalo, Fernando (4 de decembro de 1989). "Carlos Piñeiro, con un coche al fin competitivo, ganó a Marc Etchebers en Ferrol". La Voz de Galicia (en castelán). p. 50. 
  2. Arévalo, Fernando (2 de decembro de 1989). "Rial y Castríllón se juegan hoy en el Rally de Ferrol el título gallego". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). p. 55. 


Predecesor:
Rally San Froilán
 Campionato de Galicia de Rally 
Tempada 1989
Sucesor:
'