Rally de Ferrol de 1990

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rally de Ferrol de 1990
CategoríaGalicia Galicia
OrganizadorEscudería Ferrol
ÁmbitoRexional
SuperficieAsfalto
Gañadores
Piloto campiónGalicia Germán Castrillón
AnteriorRally de Ferrol de 1989
SeguinteRally de Ferrol de 1991

O Rally de Ferrol de 1990 foi a 21ª edición de dito rally e a última proba da tempada 1990 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse entre o 1 e o 2 de decembro de 1990 e os vencedores foron Germán Castrillón e a súa copiloto Estrella Castrillón, a bordo dun Ford Sierra Cosworth. Foi a quinta vitoria consecutiva na tempada e o segundo dos dez triunfos que lograron na proba ferrolá.[1]

Resumo[editar | editar a fonte]

Germán Castrillón chegou a este rally xa como campión galego. Aínda así marcou o mellor tempo en todos os treitos da proba e gañou con máis dun minuto de vantaxe sobre o Peugeot 205 GTI de Manuel Senra. A terceira praza estivo disputada entre Sergio Vallejo e Antonio Garrido ata que este último picou unha roda e caeu varias posicións. Con todo, conseguiu recuperar segundos e rematar quinto. Ademais, co abandono de Peitos por problemas co cambio, Garrido proclamouse subcampión galego.[1]

Clasificación[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Copiloto Automóbil Tempo
1 Galicia Germán Castrillón Galicia Estrella Castrillón Ford Sierra Cosworth 57.07
2 Galicia Manuel Senra Galicia José Maceiras Peugeot 205 GTI 58.16
3 Galicia Sergio Vallejo Galicia Diego Vallejo Peugeot 205 GTI 59.32
4 Galicia José M. López Parada Galicia José Valcárcel Renault 5 GT Turbo 1.00.54
5 España Antonio Garrido Galicia López Carbajal Ford Sierra Cosworth 1.01.05
6 Galicia Juanjo López Galicia Juan Cortés Renault 5 GT Turbo 1.01.49
7 Galicia Lino Otero España Raúl García Renault 5 GT Turbo 1.02.13
8 Galicia Juan Carlos Táboas Rodríguez Citroën AX Sport 1.02.25
9 Galicia Miguel Dopico Galicia Roberto Lorenzo Peugeot 205 Rallye 1.02.36
10 Galicia Alberto González Rodríguez Citroën AX GT 1.04.19
Abandonos
- Galicia Peitos Galicia Francisco Javier Salgueiro Citroën AX Sport -
- Francia Marc Etchebers Ford Sierra Cosworth -


Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Arévalo, Fernando (3 de decembro de 1990). "Germán y Estrella Castrillón celebraron su título gallego ganando ante su público el Rally de Ferrol". La Voz de Galicia (en castelán). p. 42. 


Predecesor:
Rally da Coruña
 Campionato de Galicia de Rally 
Tempada 1990
Sucesor:
'